
DÉPOR · 5 NOVEMBRO 2026
GIACOMO QUAGLIATA E MARISA GARCÍA, XOGADORES ESTRELLA DO MES DE OUTUBRO
Giacomo Quagliata (Palermo, Italia, 19 de febreiro de 2000) e Marisa García Antolín (Madrid, 22 de xuño de 2006) recibiron este xoves 5 de novembro na sala de prensa do Dépor Training Center de mans de Gustavo Galván, promotor de Estrella Galicia, o premio ao xogador Estrella Galicia do mes de outubro.'Giaco' foi elixido polas súas actuacións nos partidos de liga ante Real Sociedad, Levante UD e Atlético de Madrid; e Atlético de Madrid, SD Eibar e Deportivo Alavés no caso de Marisa.As ternas de finalistas elixidos polos medios de comunicación que cobren a diario a información dos dous equipos branquiazuis estiveron formadas por Quagliata, Nsongo Bil e Yeremay no caso do Dépor; e Marisa, Lucía Pardo e Millene no caso do Dépor ABANCA.

Nas votacións finais a cargo de #ANOSAFORZA a través das redes sociais do Club, Quagliata foi o elixido no primeiro equipo masculino co 38% dos votos dos afeccionados, fronte ao 34% de Nsongo Bil e o 28% de Yeremay. No apartado feminino, Marisa impúxose co 38% fronte ao 35% de Lucía Pardo e o 27% de Millene.Giacomo Quagliata cre que o premio é "grazas ao equipo, que me axuda en todo. Gústame axudar ao equipo e dar o máximo".Pola súa parte, Marisa García subliñou "estar moi contenta de ter sido elixida mellor xogadora deste mes e do traballo que fixo o equipo este mes, que foi moi bo".


Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA, co Fabril o domingo ...

Bereket incorpórase como Colaborador Oficial do RC Deportivo

O Dépor repasa o triunfo ante CA Osasuna á vez que avanza na ...

O ex deportivista Javier Manjarín, o actor Tamar Novas ou o e...

O proxecto europeo 'Her Futbol Future' promove unha nova xorn...

Os Nosos, con Marc Casadó no grupo, xa miran ao RCDE Stadium ...