
DÉPOR · 3 NOVEMBRO 2026
OS NOSOS, CON MARC CASADÓ NO GRUPO, XA MIRAN AO RCDE STADIUM NUNHA "SEMANA CURTA" PARA "SEGUIR INSISTINDO"
Os Nosos xa poñen a mirada no partido deste sábado 7 de novembro a las 16.15 no RCDE Stadium ante o RCD Espanyol, correspondente a la 12ª xornada en LaLiga EA Sports e retransmtido en directo por Dazn.Situado na 8ª posición de LaLiga EA Sports con 14 puntos tras o triunfo ante o CA Osasuna, Mario Soriano pensa que "gañando sempre irá ben a semana e conseguindo a vitoria despois de como se puxo o partido, mellor".Advirte que "nos vén semana curta ao xogar luns e agora sábado. O fútbol son momentos. Cando chegan momentos malos hai que seguir insistindo nas cousas boas, mellorando".Insiste nos goles que está a encaixar o Dépor "son máis por pequenos erros nosos que hai que corrixir. Hai que minimizar os erros e os detalles; seguir insistindo; e agora a preparar o partido ante o RCD Espanyol".

A sesión deste martes 3 de novembro arrancou cun emotivo minuto de silencio do cadro de xogadores e do corpo técnico polo falecemento do futbolista do CD Tenerife Jesús de Miguel.Tras unha activación de todo o cadro, os titulares de onte á noite ante o CA Osasuna en ABANCA-RIAZOR pasaron a tarefas de recuperación.Para o resto, incluídos os canteiráns Kevin Sánchez e Noé, houbo rondos, un xogo de posición, unha tarefa de finalizacións e fútbol reducido para concluír.Marc Casadó completou toda a sesión co grupo; mentres que Eddahchouri e Bright Ede traballaron co readaptador, Nando Rodríguez.

O plan semanal do Dépor, sempre susceptible de sufrir variacións por razóns técnicas, é o seguinte:Mércores 4 de novembro17:00Xoves 5 de novembro11:30 h.Venres 6 de novembro10:30 h.Sábado 7 de novembro16:15: RCD Espanyol - Deportivo, no RCDE Stadium

O proxecto europeo 'Her Futbol Future' promove unha nova xorn...

Mario Soriano advirte de que en ABANCA-RIAZOR hai que "conseg...

Suspendido o partido deste xoves 5 de Copa de la Reina do Dép...

Antonio Hidalgo salienta que "tivemos un equipo moi recoñecib...

Os Nosos volven ao traballo este martes 3 de novembro ás 11:3...

ABANCA-RIAZOR empurra o Dépor a unha remontada ante o CA Osas...




