
DÉPOR ABANCA · 3 NOVEMBRO 2026
SUSPENDIDO O PARTIDO DESTE XOVES 5 DE COPA DE LA REINA DO DÉPOR ABANCA POLO FALECEMENTO DO FUTBOLISTA JESÚS DE MIGUEL
Debido ao falecemento esta mesma mañá do futbolista do CD Tenerife Jesús de Miguel, a RFEF acordou suspender todos os partidos de Copa de la Reina desta semana, na que o Dépor ABANCA se enfrontaba ao CE Europa este xoves 5 de novembro ás 20:00 no Estadi Nou Sardenya de Barcelona."A nova planificación e os horarios definitivos dos encontros aprazados comunicaranse proximamente", comentou o ente federativo no seu comunicado oficial.Como consecuencia desta tráxica noticia que conmocionou o fútbol español, o plantel e o corpo técnico do Dépor ABANCA gardaron esta mesma mañá, antes de comezar o adestramento no Dépor Training Center, un minuto de silencio.Esta suspensión obrigou a reestruturar o calendario de traballo de As Nosas.Así, este mércores 4 de novembro haberá xornada de descanso e o equipo que prepara Alberto Rodríguez céntrase desde o xoves 5 no partido de Liga F do luns 9 de novembro ás 21:00 horas en ABANCA-RIAZOR (Dazn) ante o Valencia CF Féminas.Así pois, a planificación semanal queda do seguinte xeito:Mércores 4 de novembroDescansoXoves 5 de novembro11:00 h.Venres 6 de novembro11:00 h.Sábado 7 de novembro11:00 h.Domingo 8 de novembro11:00 h.Luns 9 de novembro21:00: Deportivo ABANCA - Valencia CF Féminas, en ABANCA-RIAZOR

O proxecto europeo 'Her Futbol Future' promove unha nova xorn...

Os Nosos, con Marc Casadó no grupo, xa miran ao RCDE Stadium ...

Mario Soriano advirte de que en ABANCA-RIAZOR hai que "conseg...

Antonio Hidalgo salienta que "tivemos un equipo moi recoñecib...

Os Nosos volven ao traballo este martes 3 de novembro ás 11:3...

ABANCA-RIAZOR empurra o Dépor a unha remontada ante o CA Osas...