RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
ABANCA-RIAZOR empurra o Dépor a unha remontada ante o CA Osasuna, "un subidón grande máis que merecido"

DÉPOR · 3 NOVEMBRO 2026

ABANCA-RIAZOR EMPURRA O DÉPOR A UNHA REMONTADA ANTE O CA OSASUNA, "UN SUBIDÓN GRANDE MÁIS QUE MERECIDO"

O Dépor arrancou o mes de novembro á vez que pechou a 11ª xornada en LaLiga EA Sports cun triunfo por 2-1 ante o CA Osasuna en ABANCA-RIAZOR este luns 2.Con este resultado, Os Nosos suman 14 puntos na 8ª posición da táboa.Antonio Hidalgo fala dun "subidón grande máis que merecido polo que se viu no partido desde o primeiro minuto".A novidade foi a presenza de Aubameyang na convocatoria tras superar a súa lesión de xeonllo.O técnico deportivista recalca que "'Auba' é alguén especial para nós. É un profesional incrible. Fixo todo o posible por volver canto antes. Sacrificou moitas cousas durante estes días. Estivo traballando moi duro".Seguen fóra do equipo Marc Casadó, Zakaria Eddahchouri e Bright Ede.Kevin Sánchez e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Con respecto ao encontro da pasada fin de semana no Metropolitano, Antonio Hidalgo introduciu un cambio: Amatucci relevou a Villares na sala de máquinas.O partido comezou con dous man a man entre Yeremay e o gardameta Herrera (minutos 3 e 7). Impúxose o futbolista osasunista, que salvou nas dúas ocasións o seu equipo de ir por detrás no marcador con senllas paradas.Mella, de cabeza no 11, non acertou a dirixir o balón á portería tras un gran centro de Alti pola banda dereita.Respondeu o CA Osasuna a balón parado, concretamente nun saque de esquina no que o balón lle cae a Budimir, pero o seu remate raso sácao co pé Miguel Loureiro.Os vermellos lograron frear a saída en tromba do Dépor.Aos 28 minutos, un disparo raso de Mella tócao o xusto Boyomo para que o balón marchase rozando o poste esquerdo da portería osasunista.Adiantouse no marcador no minuto 33 o CA Osasuna ao aproveitar o seu goleador Budimir un erro na saída de balón do Dépor.Con moi pouco os navarros collían vantaxe.Aos 38 minutos noutra contra de novo Budimir plántase ante Leo Román pero Giménez intercepta no último momento o seu remate.Con 0-1 chegouse ao descanso.

yeremay1103.jpg

Tras o paso polos vestiarios apertou o Dépor, que por momentos encerrou o seu rival na súa área.Non obstante, CA Osasuna non perdeu de vista a Leo Román, como nun remate franco de Íker Muñoz no minuto 54 que marchou alto.Antonio Hidalgo comeza a mover o banco. Adama substitúe a Quagliata no minuto 55."Falo con el constantemente e anímoo a seguir nese proceso. Necesitamos que as cousas que é capaz de facer as poida facer durante 60, 90 minutos para que poidamos contar con el de inicio. Está nese proceso. É diferencial e dános moito na parte de arriba", comenta o adestrador do Dépor sobre o futbolista barcelonés.Empatou o partido Mario Soriano no minuto 64 no lanzamento dunha falta ao bordo da área. O madrileño chutou raso axustado ao pau dereito, imposible para Herrera.A bancada coreou a saída de Aubameyang ao campo no minuto 69 por Luismi Cruz, que un minuto antes estrelara unha falta no traveseiro da portería do CA Osasuna.O Dépor sacaba toda a artillaría para aproveitar o impulso dunha bancada enfervorecida."Puxemos todo o que tiñamos e un pouco máis coa posición de David Mella por fóra. Iso deunos moita presenza", explicou o preparador deportivista.Mario Soriano, no minuto 75, chutou na área raso ás mans de Herrera.CA Osasuna xa agardaba abertamente en campo propio unha contra ou polo menos defender ese punto.Pero a remontada materializouse no 88. Adama gaña a liña de fondo e pon un centro medido á cabeza de Aubameyang. O remate do futbolista francés sácao Herrera cunha gran parada pero Bil recolle o rexeitamento e marca o 2-1 entre o delirio de ANOSAFORZA.Os navarros intentaron a igualada e puideron conseguila no desconto cun remate de cabeza de Osambela que bateu na parte superior do traveseiro da portería de Leo Román.Aí rematou o partido."Fomos capaces de darlle a volta a unha situación que puido repetirse como a anterior. Mentalmente fixemos un gran traballo e tivemos a calma suficiente para non suicidarnos, porque iso podía levarte a encaixar un segundo gol", concluíu Antonio Hidalgo.Deportivo: Leo Román, Alti, Giménez, Loureiro, Quagliata (Adama, min. 55), Amatucci, Mario Soriano (Riki, min. 89), Mella (Ximo Navarro, min. 89), Yeremay, Luismi Cruz (Aubameyang, min. 69) e Nsongo BilCA Osasuna: S. Herrera, Moncayola (Arguibide, min. 78), Íker Muñoz, Moi Gómez, Budimir (Raúl, min. 78), Moro (Osambela, min. 69), V. Rosier (Kike Barja, min. 89), Dubasin (Rubén García, min. 69), Boyomo, Abel Bretones e CatenaÁrbitro: Jon Ander González, do comité vasco. Amoestou a M. Gómez (min. 36), Catena (min. 63), Abel Bretones (min. 81) e Kike Barja (min. 83)Goles: 0-1 Budimir (min. 33); 1-1 Mario Soriano (min. 64); 2-1 Bil (min. 88)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 26.831 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente ferroviario de Toledo; de Carlos Souto, socio número 274 do Club; e de Francesco Milani, vicecónsul honorario de Italia

aubaygimenez1103.jpg