RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, con pleno de vitorias

CANTERA · 1 NOVEMBRO 2026

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA EN ANOSACANTEIRA FEMININA, CON PLENO DE VITORIAS

Fin de semana triunfal para ANOSACANTEIRA feminina, con pleno de triunfos.O encontro correspondente á 8ª xornada en Segunda Federación entre o Deportivo ABANCA B e o Real Avilés Industrial, fixado este domingo 1 de novembro no campo Arsenio Iglesias, foi o máis destacado da xornada.As Nosas dobregaron a un duro rival cos goles de Antía Mayo, Sara Barreda e Valbuena; e seguen á fronte da táboa en solitario.Tamén este domingo 1 o Orzán SD Sub-21 superou en Tercera Federación ao Bergantiños CF nas Eiroas (1-2) e o Orzán SD Xuvenil en Primera Autonómia ao SD Tordoia (0-2).Pola súa parte, este sábado 31 de outubro xogouse un único partido en ANOSACANTEIRA feminina.Así, na Liga Gallega cadete, o Orzán SD Cadete venceu ao Oza Juvenil SD por 1-7.Tiveron descanso esta fin de semana os dous equipos infantís.Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Segunda Federación8ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 3 (Antía Mayo, Sara Barreda e Valbuena) - REAL AVILÉS INDUSTRIAL 2Tercera Federación8ª xornada: BERGANTIÑOS CF 1 - ORZÁN SD SUB-21 2 (Daniela Macedo e Ángela Cotelo)Primera Autonómica8ª xornada: SD TORDOIA 0 - ORZÁN SD XUVENIL 2 (Daniela Arrojo e Valentina Fernández)Liga Gallega cadete4ª xornada: OZA JUVENIL SD 1 - ORZÁN SD CADETE 7 (María López-Perales -3-, Helen Vega, Inés Neira -2- e María Navaza)