RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA B exhibe a súa fiabilidade e derrota a un Real Avilés Industrial que se mantivo no partido ata o final

DÉPOR ABANCA B · 1 NOVEMBRO 2026

O DÉPOR ABANCA B EXHIBE A SÚA FIABILIDADE E DERROTA A UN REAL AVILÉS INDUSTRIAL QUE SE MANTIVO NO PARTIDO ATA O FINAL

O Deportivo ABANCA B tombou (3-2) no Dépor Training Center a un Real Avilés Industrial que, a pesar de ir sempre por detrás no marcador, se mantivo vivo no partido ata o asubío final.Antía Mayo (na foto da noticia), pichichi da categoría con 7 goles, Sara Barreda e Valbuena foron as goleadoras blanquiazules.Aitor puido contar con futbolistas na dinámica do primeiro equipo como Paula Hernández, Ana Seoane, Karla ou Carla Casti. As tres últimas estiveron onte convocadas co Dépor ABANCA no seu partido ante o Madrid CFF e Karla mesmo chegou a saltar ao céspede na recta final do partido ante o Madrid CFF.Con este resultado, As Nosas suman 21 puntos á fronte da clasificación polos 18 do Real Oviedo, 2º clasificado.Deportivo ABANCA B: Ana Seoane, Noe Mayo, Sara Barreda, Marta Rico, Jenny Corros (Karla, min. 78), Sonso (Laura Otero, min. 89), Antía Mayo, Paula Hernández (Carmen, min. 56), Valbuena, Laura Ruiz e Carla CastiA próxima fin de semana non hai competición ligueira, así que a seguinte cita para o Dépor ABANCA será o sábado 14 ou domingo 15 de novembro na Coruña ante o Victoria CF.Os resultados ata a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:Fundación Rayo Vallecano 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Marta Rico, Elsa Ayats, Sara Cercido, Jenny Corros e Valbuena)SD Eibar B 2 - Deportivo ABANCA B 0Deportivo ABANCA B 4 (Karla, Sara Barreda, Antía Mayo e Elsa Ayats) - Real Racing Club 0CD Arratia 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Antía Mayo, Jenny Corros e unha futbolista rival en propia meta)Deportivo ABANCA B 3 (Paula Hernández -2- e Antía Mayo) - CD Filial de Fundación Atlético Osasuna 0As Celtas 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Antía Mayo -2-, Valbuena -2- e Karla)Deportivo ABANCA B 4 (Antía Mayo -2-, Sara Barreda e Karla) - Madrid CFF B 1Deportivo ABANCA B 3 (Antía Mayo, Sara Barreda e Valbuena) - Real Avilés Industrial 2