
CANTERA · 1 NOVEMBRO 2026
RESULTADOS DA FIN DE SEMANA EN ANOSACANTEIRA, ESTE DOMINGO 1 DE NOVEMBRO CON VITORIA DO FABRIL EN ZAMORA E DO XUVENIL A NO CAMPO ARSENIO IGLESIAS
O partido destacado da fin de semana en ANOSACANTEIRA xogouse no Estadio Ruta de la Plata coa visita do Fabril ao Zamora CF este domingo 1 de novembro.Os fabrilistas romperon a súa xeira de 4 partidos consecutivos perdidos e trouxeron os 3 puntos para A Coruña grazas aos goles de Manu Ferreiro, este desde o centro do campo, Íker Gil e Martín Ochoa.Manuel Pablo asegurou na sala de prensa do Estadio Ruta de la Plata que, a pesar do triunfo, "fáltanos aínda esa seguridade co balón para non estar tan abafados tanto tempo aí atrás. Espero que esta vitoria nos faga mellorar esa confianza co balón que nos falta".
Ademais, o Xuvenil A (na foto principal da noticia) e o CD Marina Sport víronse as caras no campo Arsenio Iglesias.Os branquiazuis golearon (6-1) con 'hat trick' de Miguel de Labra e son segundos na táboa con 21 puntos, a 1 do liderado.Antes, o sábado 31 de outubro no Dépor Training Center o Xuvenil B impúxose ao Pontevedra CF (3-1) e o Infantil ao ED Xuventude de Oroso (6-0); mentres que no Monte o San Tirso SD Cadete, un equipo integrado na súa totalidade por xogadores de primeiro ano cadete, caeu co Dépor (0-6).Na Coruña, no campo Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma), o San Tirso SD Infantil non puido co CD Calasanz (1-0).A xornada do sábado 31 completouse na Torre cos triunfos de fútbol 7 do Alevín A ante o Sporting Cambre (13-0), do Fabril FC Alevín fronte ao Victoria CF (4-3) e do Benxamín A ante o Silva SD (13-0); e a derrota do Fabril FC Benxamín fronte ao Victoria CF (3-4).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Primera Federación10ª xornada: ZAMORA CF 1 - FABRIL 3 (Manu Ferreiro, Íker Gil e Martín Ochoa)Categoría xuvenilDivisión de Honor, 8ª xornada: XUVENIL A 6 (Paulo, Miguel de Labra -3-, Leandro e Nico) - CD MARINA SPORT 1Liga Nacional, 9ª xornada: XUVENIL B 3 (Pablo Gandarela, Antón e Pablo Vara) - PONTEVEDRA CF 1Categoría cadeteDivisión de Honor, 8ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 0 - CADETE 6 (Íker Obeso -3-, Tiago Caamaño, Adrián Fernández e Asier Valverde)Categoría infantilDivisión de Honor, 8ª xornada: INFANTIL 6 (Hugo Pardo -3-, Hugo Álvarez -2- e Alejandro Astray) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0División de Honor, 8ª xornada: CD CALASANZ 1 - SAN TIRSO SD INFANTIL 0Categoría alevínPrimera Futgal A Coruña, 7ª xornada: ALEVÍN A 13 (Martín Martelo -4-, Marco Dios -2-, César Leira, Mateo Pastorín, Joel Losada, Pablo Gómez, Martín Coronel, Nico Castro e David Santiago) - SPORTING CAMBRE 0Primera Futgal A Coruña, 7ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 4 (Tomás Sánchez, Pablo Campanero, Saúl Gómez e Hugo Cancela) - VICTORIA CF 3Categoría benxamínPrimera Futgal A Coruña, 7ª xornada: BENXAMÍN A 13 (Izan Mallon -5-, Jaime Fraga -2-, Hugo Brea -2-, Anxo Fernández, Óscar Lijó, Diego Freire e Juan Crujeiras) - SILVA SD 0Primera Futgal A Coruña, 7ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Hugo Fernández -3-) - VICTORIA CF 4


Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, con pl...

O Dépor ABANCA B exhibe a súa fiabilidade e derrota a un Real...

El Fabril reencontrouse co triunfo no Estadio Ruta de la Plat...

Este luns 2 de novembro abre a OAD no seu horario habitual e ...

O RC Deportivo participa na homenaxe a Federico Fernández Amo...

Antonio Hidalgo: "Temos ganas de estar coa nosa xente, sentir...