RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
El Fabril reencontrouse co triunfo no Estadio Ruta de la Plata ante o Zamora CF tras un partido "moi complicado" no que "intentamos simplificar as cousas"

DÉPOR FABRIL · 1 NOVEMBRO 2026

EL FABRIL REENCONTROUSE CO TRIUNFO NO ESTADIO RUTA DE LA PLATA ANTE O ZAMORA CF TRAS UN PARTIDO "MOI COMPLICADO" NO QUE "INTENTAMOS SIMPLIFICAR AS COUSAS"

O Fabril venceu este domingo 1 de novembro no Estadio Ruta de la Plata por 1-3 ao Zamora CF en partido correspondente á 10ª xornada en Primera Federación.Con este resultado, o filial suma 11 puntos na 16ª posición.Manuel Pablo cualificou o partido de "moi complicado, disputado"; e lembrou que "viñamos dunha xeira negativa, dun partido moi malo o domingo pasado, e necesitabamos ter seguridade".Foron baixa para o encontro por lesión Álex Marqués, Damián Canedo, Jairo, Dipanda, Íker Vidal e Dani Estévez, estes dous últimos por unhas molestias na coxa esquerda e no nocello dereito respectivamente.Ademais, Kevin Sánchez e Noé quedaron co primeiro equipo para o partido deste luns 2 de novembro en ABANCA-RIAZOR ante o CA Osasuna.En fronte estivo un Zamora CF dirixido polo ex deportivista Óscar Cano e que tivo esta semana partido de Copa del Rey: superou no Vao ao Coruxo FC por 0-2.O choque arrancou cun dos goles da temporada, aos 5 minutos de xogo.Manu Ferreiro, aire fresco para o Fabril tras a súa recuperación, ve adiantado o gardameta Íker Piedra e case desde o centro do campo marca o primeiro cunha perfecta vaselina.Este tanto asentou o equipo de Manuel Pablo, que seguiu creando perigo fundamentalmente á contra."Tentamos simplificar as cousas, asegurarnos atrás", explicou o técnico fabrilista.Á media hora, Íker Gil puido aumentar a renda pero salvou in extremis un defensor zamorano.Na recta final apertou o conxunto de Óscar Cano en busca do empate e Pau Mascaró disparou ao pau da portería de Hugo Ríos.Ao descanso chegouse con 0-1.

ikergil1101.jpg

"Tentamos conter o máximo posible o Zamora CF. Na primeira parte conseguímolo algo máis", apuntou o preparador fabrilista.Tras o paso polos vestiarios, "custounos máis", recoñeceu Manuel Pablo, quen indicou que "nos afundimos demasiado, non eramos capaces de presionar arriba e aí fixéronnos moito dano en centros laterais, en segundas xogadas".Pero a fortuna sorriu de novo aos blanquiazules.Un erro defensivo local no minuto 56 deixa a Íker Gil só ante Íker Piedra e logra o 0-2.O Zamora CF meteuse no partido cun tanto de Dufur no minuto 70 tras un saque de esquina que ningún defensor fabrilista tocou.Cando todo parecía encamiñado a un sufrimento fabrilista apareceu Martín Ochoa, que substituíra a Íker Gil no minuto 68, para poñer o 1-3 cun tiro cruzado imparable para Íker Piedra despois dunha boa manobra individual.Ese tanto foi como unha lousa para os zamoranos e o Fabril viviu un final plácido de partido."Levabamos unha xeira de 4 derrotas. Perderamos seguridade, o noso xogo ofensivo. Queriamos reverter esta situación e sobre todo queriamos que competisen", concluíu Manuel Pablo.O próximo domingo 8 de novembro o Fabril volve xogar fóra da casa, neste caso ás 12:00 no Municipal de Fadura ante o Arenas Club.Zamora CF: Íker Piedra, Guillem (Diego, min. 58), Luismi, Dufur, Carbonell, Juanje, Carlos Ramos, Fabi (Mauro Costa, min. 79), Pau Mascaró, Hidalgo (Izan, min. 58) e E. VergésFabril: Hugo Ríos, Manu Serrano, Quique Teijo, Samu, Xabi, Rubén López, Yayo, Domínguez (Koke, min. 68), Guerrero, Manu Ferreiro (Álvaro Fraga, min. 60) e Íker Gil (Martín Ochoa, min. 68)Árbitro: Roberto Gonzalo Sánchez, do comité castelán-manchego. Amoestou a Carbonell (min. 6) e Domínguez (min. 26)Goles: 0-1 Manu Ferreiro (min. 5); 0-2 Íker Gil (min. 56); 1-2 Dufur (min. 70); 1-3 Martín Ochoa (min. 78)Incidencias: partido disputado no Estadio Ruta de la Plata

fabril1101.jpg