RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antonio Hidalgo: "Temos ganas de estar coa nosa xente, sentir a nosa xente, que iso nos dá un plus e nos empurra moitísimo"

DÉPOR · 1 NOVEMBRO 2026

ANTONIO HIDALGO: "TEMOS GANAS DE ESTAR COA NOSA XENTE, SENTIR A NOSA XENTE, QUE ISO NOS DÁ UN PLUS E NOS EMPURRA MOITÍSIMO"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que este luns 2 de novembro ás 21:00 horas (Movistar LaLiga e Dazn en aberto) ante CA Osasuna en ABANCA-RIAZOR espera "un partido competido de Primera División, que vai estar moi igualado, con ANOSAFORZA, que temos ganas de estar coa nosa xente, sentir a nosa xente que iso nos dá un plus e nos empuxa moitísimo".Despois de varias xornadas sen coñecer a vitoria, o técnico deportivista é consciente de que a eficacia "ten que aumentar, especialmente na área contraria. Estamos facendo moitísimas cousas ben pero isto vai de gañar, de sumar de 3. Hai que cortar esa dinámica de non gañar canto antes porque todo se aperta moito. A parte medio-baixa gaña partidos e temos que sacar os 3 puntos do partido".Insiste tras o triunfo na Copa del Rey o pasado xoves en O Couto ante o Auriense CA en que "gañar sempre vén ben. Para min a Copa non molesta nunca porque é unha competición oficial, e gañar dáche moral e confianza. A vitoria do outro día vainos vir ben".O preparador branquiazul cre que "estamos facendo mesmo mellor fútbol este ano que o pasado en moitos momentos. O ano pasado acabamos xogando por momentos moi ben. Eses pequenos detalles nas áreas hai que axustalos un pouco máis, seguir insistindo. Iso estanos levando a estar moi preto de gañar partidos pero hai que ser conscientes da cantidade de puntos que temos. Gustaríanos ter máis. E hai que contar coa dificultade que ten a Primera División. Calquera equipo que veña vaiche poñer as cousas complicadas e hai momentos do partido nos que imos ter que sufrir".Do CA Osasuna, rival nesta xornada, afirma que "todos os equipos de Jagoba Arrasate te poñen ao límite, sométente a moitísima presión. Tes que estar moi concentrado con e sen balón. É un equipo moi ben traballado. Ademais Jagoba coñece a casa e dálles ese plus".Finalmente Antonio Hidalgo advirte que "haberá que estar atentos en moitas facetas, intentar atopar os seus puntos débiles e que eles non sexan capaces de facernos dano. Superar eses momentos. Vai haber momentos nos que os imos empuxar e temos que ser máis determinantes ca eles".

Real Club Deportivo de A Coruña