RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Vitoria do Orzán SD Cadete no partido deste sábado 31 en ANOSACANTEIRA feminina e calendario deste domingo 1 de novembro, cun esixente exame do Dépor ABANCA B no campo Arsenio Iglesias

CANTERA · 31 OUTUBRO 2026

VITORIA DO ORZÁN SD CADETE NO PARTIDO DESTE SÁBADO 31 EN ANOSACANTEIRA FEMININA E CALENDARIO DESTE DOMINGO 1 DE NOVEMBRO, CUN ESIXENTE EXAME DO DÉPOR ABANCA B NO CAMPO ARSENIO IGLESIAS

Este sábado 31 de outubro xogouse un único partido en ANOSACANTEIRA feminina.Así, na Liga Gallega cadete, o Orzán SD Cadete venceu ao Oza Juvenil SD por 1-7.Con este resultado, as orzanistas lideran a táboa con 12 puntos polos 10 do Victoria CF, 2º clasificado.Pero o partido correspondente á 8ª xornada en Segunda Federación entre o Deportivo ABANCA B e o Real Avilés Industrial, fixado para o domingo 1 de novembro ás 17:00 no campo Arsenio Iglesias, é o partido máis destacado da xornada.As Nosas, que a pasada fin de semana golearon por 4-1 tamén no Dépor Training Center ao Madrid CFF B, mandan no grupo con 18 puntos.Pola súa parte, as asturianas, que na última xornada superaron por 2-1 ao CD Arratia, marchan na 4ª posición con 13 puntos.Ambos os equipos enfrontáronse o pasado 15 de agosto nun amigable de preparación que caeu do lado do Dépor ABANCA B por 0-3, con tantos de Adelaida (na foto da noticia), Karla e Valbuena.Tamén o domingo 1 ás 12:00 o Orzán SD Sub-21 visita en Tercera Federación ao Bergantiños CF nas Eiroas e o Orzán SD Xuvenil ao SD Tordoia no campo da Rega.Teñen descanso esta fin de semana os dous equipos infantís.O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Segunda Federación8ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - REAL AVILÉS INDUSTRIAL, o domingo 1 de novembro ás 17:00 no campo Arsenio IglesiasTercera Federación8ª xornada: BERGANTIÑOS CF - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 1 de novembro ás 12:00 nas EiroasPrimera Autonómica8ª xornada: SD TORDOIA - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 1 de novembro ás 12:00 no campo da Rega (Tordoia)Liga Gallega cadete4ª xornada: OZA JUVENIL SD 1 - ORZÁN SD CADETE 7 (María López-Perales -3-, Helen Vega, Inés Neira -2- e María Navaza)