
CANTERA · 31 OUTUBRO 2026
CALENDARIO DA SEMANA EN ANOSACANTEIRA, ESTE DOMINGO 1 CO FABRIL EN ZAMORA E CO XUVENIL A NO CAMPO ARSENIO IGLESIAS
O partido destacado da fin de semana en ANOSACANTEIRA xógase no Estadio Ruta de la Plata coa visita do Fabril ao Zamora CF prevista para o domingo 1 de novembro ás 18:45 (Fan Play TV).Os fabrilistas chegan ao choque na 18ª posición con 8 puntos mentres que os zamoranos do ex deportivista Óscar Cano, con 12, ocupan a 13ª praza.Manuel Pablo asegura que "temos que pensar en nós; en recuperar confianza, solidez; e ser competitivos desde o minuto 1 ao 90".Ademais, o Xuvenil A e o CD Marina Sport vense as caras ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias.Os branquiazuis son segundos na táboa con 18 puntos, a 1 do liderado.Antes, este sábado 31 de outubro no Dépor Training Center o Xuvenil B (na foto principal da noticia) impúxose ao Pontevedra CF (3-1) e o Infantil ao ED Xuventude de Oroso (6-0); mentres que no Monte o San Tirso SD Cadete, un equipo integrado na súa totalidade por xogadores de primeiro ano cadete, caeu co Dépor (0-6).En A Coruña, no campo Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma), o San Tirso SD Infantil non puido co CD Calasanz (1-0).A xornada do sábado 31 completouse na Torre cos triunfos de fútbol 7 do Alevín A ante o Sporting Cambre (13-0), do Fabril FC Alevín fronte ao Victoria CF (4-3) e do Benxamín A ante o Silva SD (13-0); e a derrota do Fabril FC Benxamín fronte ao Victoria CF (3-4).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Primera Federación10ª xornada: ZAMORA CF - FABRIL, o domingo 1 de novembro ás 18:45 no Estadio Ruta de la PlataCategoría xuvenilDivisión de Honor, 8ª xornada: XUVENIL A - CD MARINA SPORT, o domingo 1 de novembro ás 12:00 no campo Arsenio IglesiasLiga Nacional, 9ª xornada: XUVENIL B 3 (Pablo Gandarela, Antón e Pablo Vara) - PONTEVEDRA CF 1Categoría cadeteDivisión de Honor, 8ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 0 - CADETE 6 (Íker Obeso -3-, Tiago Caamaño, Adrián Fernández e Asier Valverde)Categoría infantilDivisión de Honor, 8ª xornada: INFANTIL 6 (Hugo Pardo -3-, Hugo Álvarez -2- e Alejandro Astray) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0División de Honor, 8ª xornada: CD CALASANZ 1 - SAN TIRSO SD INFANTIL 0

Categoría alevínPrimera Futgal A Coruña, 7ª xornada: ALEVÍN A 13 (Martín Martelo -4-, Marco Dios -2-, César Leira, Mateo Pastorín, Joel Losada, Pablo Gómez, Martín Coronel, Nico Castro e David Santiago) - SPORTING CAMBRE 0Primera Futgal A Coruña, 7ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 4 (Tomás Sánchez, Pablo Campanero, Saúl Gómez e Hugo Cancela) - VICTORIA CF 3Categoría benxamínPrimera Futgal A Coruña, 7ª xornada: BENXAMÍN A 13 (Izan Mallon -5-, Jaime Fraga -2-, Hugo Brea -2-, Anxo Fernández, Óscar Lijó, Diego Freire e Juan Crujeiras) - SILVA SD 0Primera Futgal A Coruña, 7ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Hugo Fernández -3-) - VICTORIA CF 4


As Nosas regresan esta noite e adéstranse de novo o luns 2 de...

O Dépor ABANCA quedou ás portas de puntuar en Madrid cun equi...

Vitoria do Orzán SD Cadete no partido deste sábado 31 en ANOS...

El Fabril visita este domingo 1 de novembro ás 18:45 ao Zamor...

Traballo táctico e balón parado para Os Nosos na recta final ...

Os abonados xa poden adquirir a súa invitación obrigatoria pa...