
DÉPOR · 31 OUTUBRO 2026
TRABALLO TÁCTICO E BALÓN PARADO PARA OS NOSOS NA RECTA FINAL DA PREPARACIÓN DO ENCONTRO DO LUNS 2 DE NOVEMBRO EN ABANCA-RIAZOR ANTE O CA OSASUNA
Superado o partido de Copa del Rey do pasado xoves ante o Auriense CA, cuxos mellores momentos podes ver ao pé destas liñas, o Dépor céntrase na visita do CA Osasuna a ABANCA-RIAZOR prevista para este luns 2 de novembro ás 21:00 (Movistar LaLiga e Dazn en aberto) en ABANCA-RIAZOR.
Nun asollado sábado, tras unha activación, o cadro deportivista realizou un ensaio de accións a balón parado.A continuación, no campo 2, Antonio Hidalgo dirixiu un partido táctico antes de concluír a sesión cunha tarefa de remates a portería.Marc Casadó e Eddahchouri fixeron a primeira parte co grupo e logo traballaron co readaptador Nando Rodríguez.

Kevin Sánchez e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.No Couto unha vez rematado o encontro copeiro, o técnico deportivista asegurou que Noé "ten que ter esa ambición, esa fame. Imos estar detrás del animándoo para que queira máis. Pode ser un xogador moi diferencial sobre todo con esas conducións que son tan importantes no mundo do fútbol hoxe en día".Este domingo 1 de novembro Os Nosos adestran de novo ás 10:30 no Dépor Training Center.

Os abonados xa poden adquirir a súa invitación obrigatoria pa...

Manuel Pablo: "Estamos intentando transmitirlles aos futbolis...

Alberto Rodríguez: "Estas vitorias confírmanlle ao grupo que ...

O Dépor ABANCA visita este sábado 31 de outubro ás 18:00 ao M...

O Dépor xa prepara o partido do luns 2 de novembro ante CA Os...

Noé Carrillo: "Para gañarme un posto no primeiro equipo teño ...




