
DÉPOR ABANCA · 30 OUTUBRO 2026
ALBERTO RODRÍGUEZ: "ESTAS VITORIAS CONFÍRMANLLE AO GRUPO QUE A SÚA LIÑA DE TRABALLO É BOA"
Alberto Rodríguez admitiu este venres 30 de outubro na sala de prensa do Dépor Training Center que, este sábado 31 de outubro ás 18:00 no Estadio Fernando Torres de Fuenlabrada ante o Madrid CFF, tras o primeiro de 3 partidos nunha semana (2 de Liga F e 1 de Copa de la Reina), "de aí en diante hai que ir controlando cargas e vendo como recuperan as xogadoras. Esta semana foi normal e centrámonos no Madrid CFF".Precisamente do conxunto madrileño o técnico do Deportivo ABANCA destaca que "cambia moito de estrutura. Condiciónate moito coa súa organización. Imos preparadas para esas situacións de partido. Levamos unha boa liña de traballo tanto con como sen balón. Estas vitorias confírmanlle ao grupo que a súa liña de traballo é boa".Espera un partido "aberto, sabendo que o rival fai moi ben eses cambios de estrutura tanto con como sen balón. Dentro dos propios partidos manexa variantes para facer dano aos rivais".Cre que o encontro pasa por "interpretar ben o que elas nos propoñen e tratar de levar o partido ao noso terreo".Finalmente Alberto Rodríguez lembra que tanto Madrid CFF como Deportivo ABANCA "somos dous equipos que agora mesmo estamos na parte alta da clasificación. E iso ten que ser unha motivación para tratar de seguir neses postos que che axuda no traballo diario".

Os abonados xa poden adquirir a súa invitación obrigatoria pa...

Manuel Pablo: "Estamos intentando transmitirlles aos futbolis...

O Dépor ABANCA visita este sábado 31 de outubro ás 18:00 ao M...

O Dépor xa prepara o partido do luns 2 de novembro ante CA Os...

Noé Carrillo: "Para gañarme un posto no primeiro equipo teño ...

Antonio Hidalgo advirte tras a vitoria copeira que "non é sin...