
DÉPOR FABRIL · 30 OUTUBRO 2026
MANUEL PABLO: "ESTAMOS INTENTANDO TRANSMITIRLLES AOS FUTBOLISTAS CONFIANZA, APOIO"
Manuel Pablo recoñece que o seu equipo está "intentando asimilar o que pasou a fin de semana (dolorosa derrota ante o CD Extremadura en ABANCA-RIAZOR)".Asegura que os fabrilistas "saben a situación que se deu. Non podemos ser un equipo tan vulnerable e a partir de aí crecer en moitos aspectos".Lembra o técnico deportivista que "nunca tiveramos un partido coma ese. Si tivemos momentos nos que os rivais nos poden superar pero sempre fomos competitivos. O outro día desde o primeiro momento non o fomos. Iso témolo que recuperar".Quere ademais recuperar a "confianza porque agora, polos resultados, agochámonos, non queremos o balón. É unha parte que me preocupa. O xene competitivo témolo aínda que o outro día non o demostramos pero non ter esa confianza co balón o único que nos pode facer é debilitarnos".Manuel Pablo subliña que aos futbolistas "estamos intentando transmitirlles confianza, apoio e a partir de aí saber que temos que ser competitivos en todos os aspectos".Finalmente do Zamora CF, rival este domingo 1 de novembro ás 18:45 (Fan Play TV) no Estadio Ruta de la Plata, advirte que "ten moi bos xogadores por dentro. Son xente con experiencia en moitos equipos; e saben competir ata o final; en que momento facer as cousas, cambiar de sistema porque teñen ese coñecemento do fútbol. Nós témonos que preocupar de recuperar as nosas sensacións".

Os abonados xa poden adquirir a súa invitación obrigatoria pa...

Alberto Rodríguez: "Estas vitorias confírmanlle ao grupo que ...

O Dépor ABANCA visita este sábado 31 de outubro ás 18:00 ao M...

O Dépor xa prepara o partido do luns 2 de novembro ante CA Os...

Noé Carrillo: "Para gañarme un posto no primeiro equipo teño ...

Antonio Hidalgo advirte tras a vitoria copeira que "non é sin...