
DÉPOR ABANCA · 30 OUTUBRO 2026
O DÉPOR ABANCA VISITA ESTE SÁBADO 31 DE OUTUBRO ÁS 18:00 AO MADRID CFF CUNHA SITUACIÓN NA TÁBOA QUE "NOS DÁ ESE PLUS DE ENERXÍA"
O Dépor ABANCA mídese este sábado 31 ao Madrid CFF ás 18:00 (Movistar Plus e Dazn) no Estadio Fernando Torres de Fuenlabrada, nun partido correspondente á 9ª xornada en Liga F.As Nosas, tras o triunfo da pasada fin de semana en ABANCA-RIAZOR ante o Deportivo Alavés, chegan con 11 puntos na 7ª posición da táboa.Alberto Rodríguez, en rolda de prensa, admitiu que "é moito máis fácil encarar a semana desde a vitoria, sabendo a regularidade que levamos no traballo".Insiste en que gañar "nos reforza pero non nos desvía do camiño, que é longo. Mañá temos outra proba contra o Madrid CFF e xa estamos preparadas para seguir nesa liña de traballo".O encontro ante o conxunto madrileño será o 1º de 3 partidos nunha semana, coa Copa de la Reina o xoves 5 de novembro en Barcelona ante o CE Europa, aínda que "para este partido foi unha semana normal. Aínda que xoguemos en sábado son microciclos normais dunha semana de traballo".Ve as súas futbolistas "bastante tranquilas, bastante motivadas. A situación clasificatoria axúdanos a ter ese plus de enerxía. Trataremos de aproveitalo".O Dépor ABANCA recibiu a mala nova da lesión de Merle Barth, cunha fractura dos ósos propios do nariz sufrida ante o Deportivo Alavés.

Pola súa parte, o Madrid CFF, que na pasada xornada empatou (2-2) en Eibar, é 5º na táboa con 14 puntos.No seu campo esta temporada as madrileñas venceron ao Granada CF (3-1), ao Sevilla FC (1-0) e ao Deportivo Alavés (1-0); e empataron co Athletic Club (1-1).As Nosas adestráronse este venres 30 de outubro ás 9:40 no Dépor Training Center antes de viaxar a Madrid con esta folla de ruta:Venres 30 de outubro9:40: Adestramento no Dépor Training Center12:30: Saída do autocar20:00 (hora aproximada): Chegada ao hotel Sercotel Las Artes en PintoSábado 31 de outubro18:00: Madrid CFF - Deportivo ABANCA, no Estadio Fernando Torres (Fuenlabrada)Ao rematar, regreso en autocar a A Coruña

Os abonados xa poden adquirir a súa invitación obrigatoria pa...

Manuel Pablo: "Estamos intentando transmitirlles aos futbolis...

Alberto Rodríguez: "Estas vitorias confírmanlle ao grupo que ...

O Dépor xa prepara o partido do luns 2 de novembro ante CA Os...

Noé Carrillo: "Para gañarme un posto no primeiro equipo teño ...

Antonio Hidalgo advirte tras a vitoria copeira que "non é sin...




