
DÉPOR · 30 OUTUBRO 2026
O DÉPOR XA PREPARA O PARTIDO DO LUNS 2 DE NOVEMBRO ANTE CA OSASUNA PARA "COMPETIR CON TODO COA MÁXIMA ILUSIÓN"
Superada a primeira rolda da Copa del Rey este xoves 29 de outubro no Couto ante o Auriense CA, o Dépor xa comezou a preparar a visita ligueira do CA Osasuna a ABANCA-RIAZOR prevista para o luns 2 de novembro ás 21:00 horas (Movistar LaLiga e Dazn en aberto).

Antonio Hidalgo subliña que "hai que sumar de 3. É unha evidencia".O técnico deportivista apunta que "o paso das xornadas dinos que todo se vai comprimindo. Temos que sumar puntos para seguir escalando posicións".Advirte que o CA Osasuna é un rival que "ten novo adestrador e que coñece perfectamente o que é Osasuna. Vainos poñer as cousas moi difíciles. Imos competir con todo coa máxima ilusión, con ANOSAFORZA. E iso vainos facer moito máis poderosos".Os titulares ante o Auriense CA tiveron unha xornada de recuperación física, con ximnasio e fisioterapia.Para os demais, houbo unha rolda de pases, unha tarefa de finalizacións e fútbol reducido, de alta intensidade.

Marc Casadó e Zakaria Eddahchouri alternan tarefas co grupo e co readaptador Fernando Rodríguez; mentres que Bright Ede continúa co seu plan específico de traballo.Kevin, Noé, Martín Ochoa, Rubén López e Yayo foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este sábado 31 de outubro Os Nosos adestraranse de novo a partir das 10:30 no Dépor Training Center.

Noé Carrillo: "Para gañarme un posto no primeiro equipo teño ...

Antonio Hidalgo advirte tras a vitoria copeira que "non é sin...

Os Nosos adéstranse de novo este venres 30 de outubro ás 12:0...

O Dépor vence ao Auriense CA e supera a primeira rolda da Cop...

Antía Veiga e España despedíronse do Mundial sub-17 en oitavo...

O Dépor ABANCA desprázase este venres 30 de outubro a Fuenlab...




