
DÉPOR · 30 OUTUBRO 2026
NOÉ CARRILLO: "PARA GAÑARME UN POSTO NO PRIMEIRO EQUIPO TEÑO QUE DAR UN OU DOUS PASOS MÁIS"
Noé Carrillo compareceu na sala de prensa de O Couto tras o triunfo ante o Auriense CA.O canteirán, titular na Copa, amosou a súa satisfacción por "sumar minutos, que levaba tempo sen poder xogar partidos seguidos".Confesou tamén estar "contento polo partido de hoxe (por onte), por pasar de rolda, que era o máis importante".Noé admite que a Primera División "é un salto moi grande. Hai compañeiros que chegaron novos que teñen moita calidade. O nivel do cadro de xogadores subiu. Para gañarme un posto no primeiro equipo teño que dar un ou dous pasos máis".Finalmente o atacante fabrilista lembra que "xa pasei por situacións de lesións máis graves. Grazas a esa experiencia podo controlar a miña mente. Estou moi contento de sumar minutos e axudar sempre ao primeiro equipo cando o necesite".

Antonio Hidalgo advirte tras a vitoria copeira que "non é sin...

Os Nosos adéstranse de novo este venres 30 de outubro ás 12:0...

O Dépor vence ao Auriense CA e supera a primeira rolda da Cop...

Antía Veiga e España despedíronse do Mundial sub-17 en oitavo...

O Dépor ABANCA desprázase este venres 30 de outubro a Fuenlab...

O RC Deportivo, nomeado por LaLiga Club do Mes en outubro na ...