RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antonio Hidalgo advirte tras a vitoria copeira que "non é sinxelo xogar este tipo de partidos"

DÉPOR · 30 OUTUBRO 2026

ANTONIO HIDALGO ADVIRTE TRAS A VITORIA COPEIRA QUE "NON É SINXELO XOGAR ESTE TIPO DE PARTIDOS"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa de O Couto que "non é sinxelo xogar este tipo de partidos porque pretendemos que xogadores que veñen xogando moi pouco e que seguramente non xogaron xuntos rendan ao seu máximo nivel. Pedímoslles competir a gran nivel. Iso fixémolo e imos sacando conclusións do que imos vendo".O técnico deportivista lembra tras o triunfo ante o Auriense CA en Copa que "gañar sempre vén ben, atoparte coa vitoria, afacerte a gañar".Apunta que "van pasando xornadas e non vas sumando de 3. É outra competición pero todas serven para revitalizar a xente. Esa portería a cero tamén é importante. Álvaro non tivo moito traballo pero a que tivo parouna. E iso fala da súa concentración".

Real Club Deportivo de A Coruña