
DÉPOR ABANCA · 31 OUTUBRO 2026
O DÉPOR ABANCA QUEDOU ÁS PORTAS DE PUNTUAR EN MADRID CUN EQUIPO CON SÓ 2 FUTBOLISTAS MAIORES DE 21 ANOS NO SEU ONCE INICIAL
O Dépor ABANCA quedou a un paso de puntuar este sábado 31 ante o Madrid CFF (2-1) no Estadio Fernando Torres de Fuenlabrada, en partido en partido correspondente á 9ª xornada en Liga F.Decidiu o choque un tanto da madrileña Mariana no minuto 82.Con este resultado, As Nosas quedan con 11 puntos na 8ª posición da liga F.A pesar do resultado, houbo boas noticias.No once que dispuxo Alberto Rodríguez no Estadio Fernando Torres unicamente había 2 futbolistas maiores de 21 anos: Lucía Pardo e Daniela Caracas. O futuro xa é presente.Ademais, debutou na liga F a mundialista Antía Veiga na portería do Dépor ABANCA.Desta forma, a canteirá, que estivo concentrada coa selección española sub-17 no Campionato do Mundo de Marrocos, convértese na segunda #gardameta máis nova en debutar na liga F con 17 anos; unicamente superada por outra deportivista, Ana Seoane, que debutou con 16 anos a pasada semana en ABANCA-RIAZOR fronte ao Deportivo Alavés.A primeira ocasión clara do encontro foi para Ainoa. Recolle un balón na frontal da área e o seu disparo, colocado, desvíao nunha gran parada a gardameta madrileña Paola.Pouco despois, Marisa cabecea un saque de esquina lixeiramente alto.A campioa do mundo adiantou ao Dépor ABANCA á media hora de xogo ao rematar á rede un bo centro de Olaya por banda dereita.O partido era deportivista, que aínda dispuxo dalgún achegamento máis con perigo antes de chegar ao descanso con 0-1.

Tras o paso polos vestiarios o partido cambiou radicalmente aos 27 segundos da continuación.Ubamba marcha por velocidade da súa par, gaña a liña de fondo e centra raso ao corazón da área pequena. Elena, no seu afán de despexar, envía o balón ao pau esquerdo da meta de Antía. Hult recolle o rexeitamento para igualar a porta baleira.De novo Ubamba proba fortuna noutra veloz contra pero esta vez o seu disparo atállao Antía, ben colocada.Respondeu Ainoa cun disparo afastado que, tras bater nunha defensora do Madrid CFF, marchou fóra por pouco.O partido decidiuse noutra xogada que arrancou coa velocidade de Ubamba pola banda esquerda. Sakina chuta desde a frontal da área, despexa como pode Antía e o rexeitamento recólleo Mariana para, libre de marca, superar a internacional deportivista.Michi Apóstol, que no minuto 76 substituíu a Ainoa, tivo nas súas botas o empate pero o seu chute tapónao in extremis Lejeune antes de despexar a porteira Paola.Con 2-1 nun partido que puido caer para calquera dos dous bandos concluíu o encontro.Madrid CFF: Paola, Taylor, Villa, Ana, Sakina, Holt (Mónica, min. 76), Alba (Ailing, min. 67), Lejeune, Raiderlin (Mariana, min. 76), Marina e Ubamba (Konan, min. 84)Deportivo ABANCA: Antía, Caracas (Sofía Domínguez, min. 87), Adri Ranera, Elena, Vega (Karla, min. 87), Redru, Olaya, Lucía Rivas (Paula Monteagudo, min. 76), Lucía Pardo, Ainoa (Michi Apóstol, min. 76) e Marisa (Eva Alonso, min. 67)Árbitra: María Gloria Planes, do comité murciano. Amoestou a Vega (min. 62) e Lucía Pardo (min. 93)Goles: 0-1 Marisa (min. 30); 1-1 Holt (min. 46); 2-1 Mariana (min. 82)Incidencias: partido disputado no Estadio Fernando Torres de Fuenlabrada. Gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente ferroviario de Urda


As Nosas regresan esta noite e adéstranse de novo o luns 2 de...

Vitoria do Orzán SD Cadete no partido deste sábado 31 en ANOS...

Calendario da semana en ANOSACANTEIRA, este domingo 1 co Fabr...

El Fabril visita este domingo 1 de novembro ás 18:45 ao Zamor...

Traballo táctico e balón parado para Os Nosos na recta final ...

Os abonados xa poden adquirir a súa invitación obrigatoria pa...