RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
El Fabril visita este domingo 1 de novembro ás 18:45 ao Zamora CF buscando "ser competitivo desde o minuto 1 ao 90"

DÉPOR FABRIL · 31 OUTUBRO 2026

EL FABRIL VISITA ESTE DOMINGO 1 DE NOVEMBRO ÁS 18:45 AO ZAMORA CF BUSCANDO "SER COMPETITIVO DESDE O MINUTO 1 AO 90"

O Fabril mídese este domingo 1 de novembro no Estadio Ruta de la Plata ao Zamora CF a partir das 18:45 (Fan Play TV), en partido correspondente á 10ª xornada en Primera Federación.Os fabrilistas, tras a derrota da pasada fin de semana ante o CD Extremadura en ABANCA-RIAZOR, contan con 8 puntos e atópanse na 18ª posición da clasificación.Manuel Pablo asegura que "temos que pensar en nós; en recuperar confianza, solidez; e ser competitivos desde o minuto 1 ao 90".É consciente o técnico deportivista de que "un resultado positivo sempre axuda pero son importantes as sensacións que transmites. O día do Real Unión gañamos e non me gustou nada o partido. Loxicamente nesta xeira negativa unha vitoria alégrate nese momento pero o que temos que recuperar son as sensacións".Son baixa para o encontro, ademais dos lesionados Álex Marqués, Damián Canedo, Jairo e Dipanda, Íker Vidal e Dani Estévez, estes dous últimos por unhas molestias na coxa esquerda e no nocello dereito respectivamente.Como o equipo viaxa a Zamora este mesmo domingo 1 de novembro desde o Dépor Training Center, "estamos pendentes de xogadores en dinámica do primeiro equipo. Imos ver con cantos podemos contar para a convocatoria", desvelou o adestrador do filial.En fronte estará un Zamora CF dirixido polo ex deportivista Óscar Cano e que tivo esta semana partido de Copa del Rey: superou no Vao ao Coruxo FC por 0-2.O técnico fabrilista non cre que xogar entre semana afecte aos zamoranos "porque fixeron bastantes cambios. Pode que algún xogador repita".O conxunto castelán-leonés, que en liga a pasada fin de semana caeu (1-0) co CP Cacereño, suma 12 puntos, situado na 13ª posición."Viñan nunha dinámica moi positiva ata o partido da pasada fin de semana. É un equipo con bos xogadores. Está a custarlles tamén como a todos os da categoría", opina Manuel Pablo.

rodrigoleiva1031.jpg

No Estadio Ruta de la Plata esta temporada o Zamora CF venceu ao CD Coria (2-0); empatou co Athletic Club B (1-1) e SD Ponferradina (1-1); e caeu coa UD Logroñés (1-2) e CD Lugo (1-2).Óscar Cano recalca que "hai que gañar porque hai que endereitar un pouco o rumbo na liga".Do Fabril lembra que como filial "teñen os mellores xogadores. Un dos xogadores que non quixeron renovar chámase Fabi e é un dos nosos xogadores máis virtuosos. Se Fabi non está alí é que consideran que teñen mellores xogadores. Iso xa che indica o nivel que ten o seu cadro. Algúns do Fabril xogaron Copa co primeiro equipo. O primeiro equipo está en Primera División. Kevin está xogando bastantes minutos en Primera División. Todos os filiais teñen como bandeira a calidade dos seus xogadores. Isto fai que o partido sexa moi difícil".

Foto: Zamora CF

oscarcano1031.jpg