RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor arrinca o mes de novembro este luns 2 ás 21:00 horas en ABANCA-RIAZOR ante CA Osasuna no peche da 11ª xornada en LaLiga EA Sports

DÉPOR · 1 NOVEMBRO 2026

O DÉPOR ARRINCA O MES DE NOVEMBRO ESTE LUNS 2 ÁS 21:00 HORAS EN ABANCA-RIAZOR ANTE CA OSASUNA NO PECHE DA 11ª XORNADA EN LALIGA EA SPORTS

O Dépor arranca o mes de novembro á vez que pecha a xornada 11ª en LaLiga EA Sports coa visita do CA Osasuna a ABANCA-RIAZOR este luns 2 ás 21:00 (Movistar LaLiga e Dazn en aberto).Os Nosos chegan ao encontro con 11 puntos na 12ª posición da táboa e tras derrotar o pasado xoves por 0-3 ao Auriense CA no Couto na primeira rolda da Copa del Rey.Antonio Hidalgo subliña que o equipo chega "ben despois dunha semana na que imos ter 2 partidos. Hai tempo máis que suficiente para poder recuperar dun partido a outro".Asegura que os lesionados "seguen sendo os mesmos. Neses procesos de recuperación vai todo pouco a pouco mellor. Estamos máis preto de que eses lesionados poidan volver", en referencia a Marc Casadó e Zakaria Eddahchouri, que alternan tarefas co grupo con tarefas supervisadas polo readaptador Nando Rodríguez.Así mesmo, de Aubameyang, que completa todos os exercicios, apunta que "vai dando pasos adiante. Veremos as súas sensacións e cando nos marque a súa dispoñibilidade, tiraremos para adiante".É consciente o técnico deportivista de que "'Auba' é un xogador diferente, especial. Polo que nos dá no céspede e fóra del necesitámolo de volta canto antes. E tamén a Marc, e a Zaka, e a Bright, e a todos os xogadores que estean fóra. Cantos máis xogadores teñamos máis posibilidades imos ter. Necesitamos que se recuperen o antes posible·.

noviembredepor1101.png

O equipo realizou este solleiro domingo 1 de novembro unha nova sesión de traballo no Dépor Training Center.A sesión arrancou tras unha activación cun ensaio de accións a balón parado.Antonio Hidalgo precisou nesta liña que "no balón parado ofensivo hai que ter en conta diferentes cuestións. Fisicamente non somos xogadores moi poderosos. Iso non quita que a miña cabeza non pare de darlle voltas a como poder ser máis perigosos, facer máis dano ao rival. Temos que conseguir que esa faceta nos achegue goles para conseguir puntos. Insistimos moito niso e estamos moi pendentes tamén".A continuación, o corpo técnico dispuxo un exercicio táctico antes de concluír con finalizacións.Kevin Sánchez e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este luns, día do partido, o cadro deportivista realizará unha suave sesión de activación en ABANCA-RIAZOR.

hidalgo1101.jpg

Pola súa parte, o CA Osasuna, que na pasada xornada perdeu 2-0 ante o Sevilla FC, é 14º cos mesmos 11 puntos que o Dépor.Esta semana ademais en Copa os 'rojillos' golearon por 0-6 ao Atlético Calatayud.O cadro pamplonés chega a ABANCA-RIAZOR con remuda no banco: o que fora adestrador osasunista durante 6 temporadas (desde a 2018-10 á 2023-24) Jagoba Arrasate regresou a El Sadar para substituír a Luis Miguel Ramis.Hidalgo cre que "son dous adestradores con dúas ideas diferentes, con dúas sensacións diferentes. Jagoba seguramente nos vai vir buscar, vai ser moi intenso, quere atacarte moi rápido... Cámbiache con respecto a Ramis. Nós iso sabémolo. Eles saben o que facemos nós. Isto vai de intentar acertar e que pasen moitas máis cousas das que teño eu na cabeza que das que ten el".Lonxe do seu campo esta temporada o CA Osasuna gañou ao RC Celta (1-2); e caeu co Deportivo Alavés (5-2), Atlético de Madrid (4-0), Real Betis (5-2) e no citado encontro ante o Sevilla FC (2-0).Finalizado o encontro, Os Nosos adestraranse de novo o martes 3 de novembro ás 11:30 no Dépor Training Center.

Foto: CA Osasuna

osasuna1101.jpg