RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Intensa e longa semana para o Dépor ABANCA con Copa en Barcelona o xoves 5 e liga en ABANCA-RIAZOR o luns 9

DÉPOR ABANCA · 2 NOVEMBRO 2026

INTENSA E LONGA SEMANA PARA O DÉPOR ABANCA CON COPA EN BARCELONA O XOVES 5 E LIGA EN ABANCA-RIAZOR O LUNS 9

O Dépor ABANCA arrancou este luns 2 de novembro no Dépor Training Center unha intensa e longa semana de traballo con partido de Copa de la Reina o xoves 5 de novembro ás 20:00 ante o CE Europa de Segunda Federación e de Liga F o luns 9 de novembro ás 21:00 horas en ABANCA-RIAZOR ante o Valencia CF Féminas.A derrota a pasada fin de semana ante o Madrid CFF, nun partido no que non puideron participar por lesión Inês Pereira, Tarazona, Barth e Millene, esta por mor dunha contusión nun pé, deixou a As Nosas con 11 puntos na 8ª posición da táboa.Ademais, no once inicial deportivista no Estadio Fernando Torres de Fuenlabrada había unicamente 2 xogadoras maiores de 21 anos: Daniela Caracas e Lucía Pardo.

abanca21102.jpg

A maiores dos dous encontros de competición, Alberto Rodríguez disporá esta semana de 6 sesións de traballo con esta planificación:Luns 2 de novembro11:00 h.Martes 3 de novembro11:00 h.Mércores 4 de novembro11:00 h.Xoves 5 de novembro20:00: CE Europa - Deportivo ABANCA, no Estadi Nou Sardenya (Barcelona)Venres 6 de novembroHorario por determinarSábado 7 de novembro11:00 h.Domingo 8 de novembro11:00 h.Luns 9 de novembro21:00: Deportivo ABANCA - Valencia CF Féminas, en ABANCA-RIAZOR

elena1102.jpg