RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antonio Hidalgo salienta que "tivemos un equipo moi recoñecible desde o primeiro momento"

DÉPOR · 3 NOVEMBRO 2026

ANTONIO HIDALGO SALIENTA QUE "TIVEMOS UN EQUIPO MOI RECOÑECIBLE DESDE O PRIMEIRO MOMENTO"

Antonio Hidalgo subliñou na rolda de prensa tras o triunfo por 2-1 ante o CA Osasuna que "tivemos un equipo moi recoñecible desde o primeiro momento e fomos quen de darlle a volta".Iso si, lamentou que "con tan pouco non podemos encaixar eses goles. Falamos continuamente da cantidade de goles que estamos encaixando en todos os partidos. Manter a portería a cero é unha das nosas premisas pero quedo con todo o bo".O técnico deportivista tamén destacou o apoio de ANOSAFORZA, "que nos sostén. Son momentos delicados nos que che poden entrar moitas dúbidas. A nosa xente mantívo-nos vivos empurrándonos, animándonos. Iso fai que o equipo teña esa estabilidade emocional que é importante para eses vaivéns que se van dando durante os 90 minutos, estar vivos sempre nos partidos e iso fai que sempre teñas posibilidades de gañar partidos".Explicou ademais a capitanía de Giménez no partido por diante de Yeremay: "'Yere' segue a ser un dos nosos referentes, un dos nosos capitáns. O mundo do fútbol foi evolucionando e o xogador ao que se lle permite falar co árbitro é o capitán, o que leva o brazalete. Foi unha decisión do propio Yere. Iso fala moi ben da conciencia que ten Yere do que significa ser capitán e a persoa que ten que falar co árbitro. Falei con el, pareceume oportuno e estou contento por ese xesto de Yere".Finalmente o preparador branquiazul amosouse feliz polo regreso de Aubameyang "polo día a día, polo que che transmite, pola alegría, polo traballo, pola profesionalidade. E é un xogador diferencial. Non hai moitos en LaLiga, no mundo. Ten unha traxectoria brutal, témolo de volta, é dos nosos e estamos encantados".

Real Club Deportivo de A Coruña