RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor repasa o triunfo ante CA Osasuna á vez que avanza na preparación da visita ao RCD Espanyol

DÉPOR · 4 NOVEMBRO 2026

O DÉPOR REPASA O TRIUNFO ANTE CA OSASUNA Á VEZ QUE AVANZA NA PREPARACIÓN DA VISITA AO RCD ESPANYOL

O Dépor pasa páxina da vitoria por 2-1, con remontada incluída, ante o CA Osasuna, nun encontro que reflectiu a capacidade competitiva dun equipo que mantén a convicción ata o último instante e que sabe atopar respostas mesmo cando o partido se pon costa arriba.O conxunto de Antonio Hidalgo suma 14 puntos nas primeiras 11 xornadas de Liga, o 2º mellor rexistro nos seus 7 últimas temporadas en Primera División desde a campaña 2010-11.Só o equipo da temporada 2015-16, con 15 puntos, mellorou o actual balance.Os 14 puntos da presente liga superan os rexistros de 5 das 6 campañas anteriores analizadas.A remontada, cuxos mellores momentos podes ver ao pé destas liñas, permitiu ao Dépor alcanzar a súa maior produción ofensiva da temporada, con 2,35 goles esperados (xG), por encima dos 2,13 rexistrados ante a Real Sociedad.Tamén estableceu o seu mellor rexistro de xG en xogo aberto.No apartado individual, Mario Soriano asinou un novo teito de precisión no pase: completou 91 de 95, un 95,8% de acerto, superando o seu anterior mellor marca (85) e establecendo o maior número de pases acertados dun xogador do Dépor na presente Liga.Con todo isto, o equipo xa está centrado na visita ao RCD Espanyol, prevista para este sábado 7 de novembro ás 16.15 (Dazn).

Real Club Deportivo de A Coruña

Antonio Hidalgo dispuxo tras unha activación, unha rolda de pases, un exercicio de posesión e unha tarefa de finalizacións para concluír.Os titulares ante o CA Osasuna, moitos deles futbolistas con máis minutos de competición, fixeron unicamente a primeira parte da sesión antes de pasar ao ximnasio.Zakaria Eddahchouri e Bright Ede estiveron con traballo personalizado no céspede; mentres que Kevin e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este xoves 5 de novembro Os Nosos adestraranse de novo a partir das 11:30 no Dépor Training Center.

  • eddahchouri1104.jpg
  • quagliata1104.jpg
  • luismicruz1104.jpg
  • hidalgo1104.jpg
  • angeliño1104.jpg
  • bil1104.jpg