
DÉPOR · 4 NOVEMBRO 2026
O EX DEPORTIVISTA JAVIER MANJARÍN, O ACTOR TAMAR NOVAS OU O ESCRITOR XESÚS FRAGA SERÁN ALGÚNS DOS PROTAGONISTAS NA AXENDA XA COMPLETA DE FALAS DÉPOR
Falas Dépor, o foro que, do 13 ao 15 de novembro, reunirá a protagonistas da historia do RC Deportivo e a destacadas voces do xornalismo, a literatura, o cinema e a música xa ten completa a súa axenda.O obxectivo é conversar sobre as múltiples dimensións do deportivismo e "celebrar todo o impacto social e cultural que o Deportivo ten para a sociedade coruñesa e galega", segundo explicou na rolda de prensa de presentación José Manuel García, director de medios do RC Deportivo.Apuntou que no programa "se quixeron combinar diferentes épocas, disciplinas e puntos de vista para ofrecer un percorrido o máis variado posible pola historia do Dépor e polas distintas formas en que o Dépor se contou e se viviu".Rubén Ventureira, xornalista e historiador coruñés, apunta que "unha parte está dedicada á evolución do Club e aos seus principais protagonistas, que son os xogadores. Nunha desas mesas estarán representadas as primeiras xeracións de ídolos. Estamos a falar dos anos 70 e 80. Sempre é importante lembrar que antes do Súper Dépor había Dépor tamén. De aí esta charla dos ídolos do onte, dos anos 70 e os 80".Será o venres 13 de novembro ás 19:30 no Dépor Museo & Tour con Manolete, Ramón Piña, Inma Castañón e Carlos Ballesta."Non nos esquecemos do Karbo Deportivo, gañador 2 veces da Copa de la Reina, que son dous títulos nacionais neste caso no apartado feminino", engadiu.

Outra das mesas estará protagonizada polos xogadores do Súper Dépor Manuel Pablo, Manjarín e Nando. Terá lugar o domingo 15 de novembro ás 12:00 en ABANCA Espacio Avenida.Estarán representados o primeiro Súper Dépor, que case gaña a liga no 94 e gaña a liga no 95; e o segundo, que gaña a liga no 2000 e a Copa no 2002.

Así mesmo, Rubén Ventureira subliña que "tamén haberá espazo para ver como se conta o Dépor desde o xornalismo".Leva por título 'o Deportivo é noticia: da Coruña para o Mundo’, e está fixada para o venres 13 de novembro ás 20:30 no Dépor Museo & Tour con estes xornalistas: Sara Gallego, Lucía Dávila, Silvia Carregal e Pedro J. Barreiros. "Cremos que aos afeccionados lles pode resultar interesante saber como se traballa no día a día", puntualizou.

Tamén se analizará a proxección do Club fóra de Galicia con Juan Ignacio Gallardo, director do diario Marca; e José Félix Díaz, director do Diario As; o venres 13 de novembro ás 18:00 no Dépor Museo & Tour.
Ventureira opina que "sempre é interesante ver como nos ven os principais diarios deportivos de España".

O Dépor e a literatura serán os protagonistas o domingo 15 de novembro ás 10:00 en ABANCA Espacio Avenida con Xosé Hermida, Xesús Fraga e Enric González, "autor do libro marabilloso 'Historias del Calcio'", lembra Rubén Ventureira.

A gaiteira internacional Susana Seivane, Gandy e Paco Lodeiro falarán sobre 'A Música do Fútbol' o sábado 14 de novembro ás 12.00 en ABANCA Espazo Avenida.Rubén Ventureira destaca a Seivane, "unha das músicas máis recoñecidas non só na Galicia actual senón que tamén en toda a historia".

En canto ao cine, "o Dépor foi actor secundario en moitas películas. Isto lembrarémolo co director de Cinemanía e autor do libro 'Fútbol y Cine' Carlos Marañón. Con el estarán Olga Osorio e o actor Tamar Nóvas, que fai de deportivista polo menos en 2 películas”, segundo apunta o xornalista coruñés. A cita será o sábado 14 de novembro ás 10:00 en ABANCA Espacio Avenida.

Finalmente, o sábado 14 de novembro ás 20:30 no Dépor Museo & Tour David Carabén, Javier Terenti e Carlos Marañón achegarán, xunto ao xornalista coruñés e historiador Lois Novo, "unha perspectiva comparada con outros clubs centenarios do fútbol español como o RCD Espanyol, o FC Barcelona e o Sevilla FC. Veñen representantes destes equipos e as súas experiencias permitirannos coñecer as distintas maneiras de documentar, conservar e divulgar a historia do deporte e do fútbol", conclúe Rubén Ventureira.

Totalmente gratuítoFalas Dépor é "totalmente gratuíto", segundo recalcou José Manuel García; e xa está aberta a posibilidade de apuntarse nesta ligazón, onde se recibirá a entrada para gozar deste evento.

O Dépor repasa o triunfo ante CA Osasuna á vez que avanza na ...

O proxecto europeo 'Her Futbol Future' promove unha nova xorn...

Os Nosos, con Marc Casadó no grupo, xa miran ao RCDE Stadium ...

Mario Soriano advirte de que en ABANCA-RIAZOR hai que "conseg...

Suspendido o partido deste xoves 5 de Copa de la Reina do Dép...

Antonio Hidalgo salienta que "tivemos un equipo moi recoñecib...