
DÉPOR · 5 NOVEMBRO 2026
QUAGLIATA: "CANDO O EQUIPO E ABANCA-RIAZOR ESTÁN CONECTADOS É COMA SE XOGÁSEMOS CUN MÁIS"
Giacomo Quagliata lembrou na sala de prensa do Dépor Training Center tras recoller o Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do mes de outubro que "xogamos nunha división que é das mellores do mundo, cos mellores xogadores. A diferenza co ano pasado vese porque cando fallas márcanche. Temos que seguir traballando, e seguir así".Fixo a seguinte reflexión da vitoria ante o CA Osasuna: "Cando o equipo e ABANCA-RIAZOR están conectados é coma se xogásemos cun máis. ABANCA-RIAZOR é incrible. Empúrrate. Ten que seguir nesta liña porque para nós é moi importante ANOSAFORZA na casa".Do RCD Espanyol, rival este sábado 7 de novembro ás 16:15 (Dazn) no RCDE Stadium, advirte que "non sabemos con seguridade o que nos espera", en alusión ao seu recente cambio no banco. "Seguramente será un partido moi fodido porque teñen un adestrador bo, e todas as ganas de facelo todo ben. Temos que estar preparados ao máximo e seguir na liña desta semana".Cun parón ligueiro a próxima semana polos compromisos das seleccións nacionais, cre que un triunfo esta fin de semana sería "o máximo para nós, descansar felices. Sabemos que non é un partido doado, hai que afrontalo positivamente. Podemos gañar a calquera equipo, pero todos son moi bos".O defensor italiano lembra así mesmo que a clasificación "está moi apertada. En 2 semanas pode cambiar todo. Non temos que mirar os puntos ou onde está situado o equipo. Temos que mirar o traballo da semana e estar concentrados ao máximo".Insiste a nivel persoal en "dar o máximo en cada adestramento. Cando dás o 100% as persoas recoñécencho. Estou moi contento e gustaríame seguir así".Finalmente, Quagliata confesa que cando o vestiario coñeceu a noticia do falecemento do futbolista do CD Tenerife Jesús de Miguel quedou "en shock. Nós somos unha familia. Non podo imaxinar o que está a pasar o CD Tenerife. Eu por exemplo vexo máis o equipo que a miña familia. Non teño palabras polo que está a pasar".

O partido suspendido de Copa de la Reina entre o Dépor ABANCA...

Marisa García recalca ante a visita do Valencia CF Féminas qu...

O Dépor intensifica o traballo táctico e de estratexia para "...

Giacomo Quagliata e Marisa García, xogadores Estrella do mes ...

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA, co Fabril o domingo ...

Bereket incorpórase como Colaborador Oficial do RC Deportivo