
DÉPOR · 5 NOVEMBRO 2026
O DÉPOR INTENSIFICA O TRABALLO TÁCTICO E DE ESTRATEXIA PARA "SEGUIR NESA LIÑA E SEGUIR SUMANDO"
O Dépor intensifica o traballo táctico e de estratexia a medida que se achega o choque ante o RCD Espanyol, previsto para o sábado 7 de novembro ás 16:15 (Dazn) no RCDE Stadium, correspondente á 12ª xornada en LaLiga EA Sports.Giacomo Quagliata, despois de recibir o Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do mes de outubro, apunta a necesidade de "seguir nesa liña e seguir sumando".Tras unha activación con rondos, o corpo técnico blanquiazul dispuxo un exercicio táctico antes de pasar ao ensaio de accións a balón parado.Bright Ede e Zakaria Eddahchouri, que xa fai algunha tarefa co grupo, seguen co seu plan de readaptación física específico supervisado polo readaptador Nando Rodríguez.

Preguntado por Marc Casadó, que completou unha nova sesión co grupo, Quagliata apunta que "se está adestrando ben. Non sei cando estará dispoñible ao máximo pero estase atopando ben. Penso que irá convocado o antes posible".Pola súa parte, Kevin Sánchez e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este venres, Os Nosos adestraranse a partir das 10:30 horas e, á primeira hora da tarde, desprazaranse a Barcelona desde o Aeroporto de A Coruña.

O partido suspendido de Copa de la Reina entre o Dépor ABANCA...

Marisa García recalca ante a visita do Valencia CF Féminas qu...

Quagliata: "Cando o equipo e ABANCA-RIAZOR están conectados é...

Giacomo Quagliata e Marisa García, xogadores Estrella do mes ...

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA, co Fabril o domingo ...

Bereket incorpórase como Colaborador Oficial do RC Deportivo




