
DÉPOR · 24 XUÑO 2026
O DÉPOR PRESENTA A ACTUALIZACIÓN DO SEU ESCUDO NOS ARCADOS DA PRAIA DE RIAZOR NA NOITE MÁIS ESPECIAL PARA A CORUÑA
O RC Deportivo amosou esta noite, ás 01:20 (como guiño ao seu 120 aniversario), a actualización do seu escudo nos Arcados da Praia de Riazor, coincidindo coa celebración da noite de San Xoán, unha das datas máis especiais e simbólicas para todas as coruñesas e todos os coruñeses.Baixo o lema "Desexo cumprido: Nova identidade, mesmo sentimento", o Club culmina un proceso de participación e escoita activa coa súa masa social, despois de que as persoas abonadas apoiasen maioritariamente (79,41% dos votos validamente emitidos) a adecuación do nome ao topónimo oficial da cidade na consulta celebrada entre os días 17 e 21 de xuño.

A comezos da semana, a mensaxe “Pide un desexo” comezou a aparecer en distintos puntos da cidade, apelando a unha das tradicións máis fondamente arraigadas da noite de San Xoán: formular un desexo como símbolo de esperanza, renovación e futuro.Nesta ocasión, o desexo maioritario expresado polos socios do equipo toma forma na presentación que terá lugar nos Arcados de Riazor.O encontro busca unir dous elementos inseparables da identidade coruñesa: o deportivismo e a cidade da Coruña.

Nunha noite marcada pola tradición, o encontro de familias e amizades arredor das fogueiras e os desexos lanzados ao lume e ao mar, o Dépor quixo compartir con toda A Coruña unha nova páxina da súa historia, que o achega aínda máis á súa esencia.A presentación do escudo actualizado neste lugar e nesta data reforza o vínculo do Club coa cidadanía, a súa afección e a contorna que o viu medrar durante máis de un século.


Suspendida este martes 23 de xuño pola calor a semifinal do A...

En marcha a quinta edición do DéporCampus do Colexio Internac...

A Xunta Xeral Extraordinaria do RC Deportivo aproba a adecuac...

O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...

400 nenos e nenas arrancaron os DéporCampus 2026 no Dépor Tra...