RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Primeiro adestramento de Michi Apóstol e Espe Pizarro co Dépor ABANCA após o seu paso pola Copa América

As representantes do Deportivo ABANCA na pasada edición da Copa América, Michi Apóstol con Venezuela (na foto principal de costas) e Espe Pizarro (na foto co balón) con Uruguai, incorporáronse esta mañá aos adestramentos en Abegondo.

Ambas as xogadoras adestráronse con normalidade nunha nova semana de pretemporada que concluirá este sábado 16 de agosto en La Orotava coa 53 edición da Copa Teide ante o Costa Adeje Tenerife.

Venezuela caeu na Primera Fase da Copa América e Uruguai clasificouse para semifinais, que perdeu ante Brasil. Na final de consolación Espe Pizarro caeu na quenda de penaltis pero a 'celeste' logrou o seu billete para os Xogos Panamericanos.