RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

A Copa este mércores fronte ao Guiniguada Apolinario, "unha oportunidade de volver gañar" para o Dépor ABANCA

O Dépor ABANCA estréase na Copa de la Reina 2025-26 coa visita en terceira rolda ao Guiniguada Apolinario CD de Segunda Federación este mércores 5 de novembro ás 20:00 (hora galega, 19:00 hora local) no Estadio Parque Atlántico.

As Nosas chegan ao encontro "con cero lesiones" tal e como asegurou esta mañá en rolda de prensa Fran Alonso pero coa derrota por 1-0 do pasado sábado en Ipurúa ante a SD Eibar que as deixou na 13ª posición da Liga F.

Neste sentido, aclarou que Merle Barth quedou fóra da convocatoria para o choque en Eibar por "un catarro".

Vaticina rotacións nos próximos partidos porque "somos moitísimas xogadoras e imos tentar recompensar os esforzos que se fagan no campo á parte dos que nos veñan mellor para o plan de partido".

O técnico deportivista admite que "hai ganas de volver gañar e temos unha oportunidade mañá na que o tentaremos", subliñou.

Pola súa banda, o modesto conxunto canario, que o sábado superou en casa en liga ao Betis B por 3-0, marcha na 5ª posición do grupo 3º de Segunda Federación con 15 puntos.

Na Copa, o Guiniguada Apolinario CD venceu en primeira rolda por 0-10 á Orientación Marítima La Destila de Lanzarote e en segunda rolda por 1-0 ao CD Femarguin Spar Gran Canaria.

As Nosas adestráronse esta mesma mañá no Dépor Training Center antes de viaxar ás Palmas con esta folla de ruta:

Martes 4 de novembro
12:15: Adestramento no Dépor Training Center
17:10: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino ao Aeroporto Adolfo Suárez-Barajas
20:05: Saída do voo do Aeroporto Adolfo Suárez-Barajas con destino ao Aeroporto de Gran Canaria
22:00 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto de Gran Canaria e traslado á AC Hotel Iberia Las Palmas

Mércores 5 de novembro
19:00 (hora local, 20:00 en Galicia): Guiniguada Apolinario CD - Deportivo ABANCA, no Estadio Parque Atlántico

Xoves 6 de novembro
9:20 (hora local): Saída do voo do Aeroporto de Gran Canaria con destino Galicia
13:00: Chegada a Galicia e traslado ao Dépor Training Center
14:15 (hora aproximada): Adestramento