
CANTERA · 1 MAIO 2026
RESULTADOS DESTE VENRES 1 DE MAIO NOS TORNEOS AMIGABLES; E CALENDARIO DESTA FIN DE SEMANA, CON FINAL DE LIGA ESTE SÁBADO 2 DE MAIO PARA O FABRIL FC BENXAMÍN
Un total de 4 equipos tiveron torneo amigable este venres 1 de maio, día festivo.En Pontevedra, o Fabril FC Benxamín (na foto inferior) rematou na 5ª posición do Torneo Cidade do Lérez no campo de fútbol Manolo Barreiro en Pontevedra.Ademais, o Fabril FC Alevín e o Benxamín A arrancaron con vitoria a Madrid North Cup, torneo que se disputa nas localidades madrileñas de Tres Cantos e Colmenar Viejo.E o San Tirso SD Infantil (na foto principal da noticia) caeu nas semifinais do Torneo Impulsando o Camiño en Pol (Lugo), na modalidade de fútbol 9.En canto á fin de semana, o sábado 2 de maio unicamente ten cita oficial o Fabril FC Benxamín, que pecha a liga en Primera Futgal A Coruña ás 16:00 en Vilaboa ante o Olímpico CF.O domingo 3 de maio despídense da competición o Fabril e o Xuvenil A: os fabrilistas, campións de Segunda Federación, en Ávila (12:00); e os pupilos de Miguel Figueira, subcampións da División de Honra, en Nigrán (16:30).Completa a xornada dominical o Xuvenil B - Victoria CF de Liga Nacional, ás 12:00 no Dépor Training Center.Esta semana non xogan nin os cadetes nin os infantís; e ademais os alevíns deportivistas Samuel Cebey, Enzo Fernández, Mateo Songo'o e Yago Prieto están concentrados coa selección galega sub-12 para disputar en Benidorm, do 1 ao 3 de maio, o campionato de España autonómico.Este xoves 30 de abril celebráronse 2 partidos con representación deportivista.O Alevín superou (10-0) no Dépor Training Center, no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, ao SRD Portuarios.Os blanquiazules lideran a táboa con 3 puntos de vantaxe sobre o CD Lugo.E en Cambre o Fabril FC Alevín venceu por 1-4 ao Sporting no último partido da Primera Futgal A Coruña.Os fabrilistas conclúen a liga con 78 puntos na 3ª posición.O conxunto deportivista gañou 26 partidos e perdeu 4; con 191 goles a favor e 27 en contra.

Finalmente o Alevín A e o Benxamín A remataron este martes 28 de abril no Dépor Training Center a liga na Primera Futgal A Coruña.Os primeiros superaron á SD Acea de Ama (9-0) mentres que os benxamíns ao Sada CF (12-0).Ambos conxuntos son campións das súas respectivas categorías.O Alevín A sumou 85 puntos, con 30 partidos gañados, 1 empatado e 1 perdido. Os blanquiazules anotaron 202 goles e recibiron unicamente 7.Pola súa banda, o Benxamín A acabou con 30 vitorias en 30 partidos; e con 287 goles a favor por 14 en contra.O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Segunda Federación34ª xornada (última): REAL ÁVILA CF - FABRIL, o domingo 3 de maio ás 12:00 no Estadio Municipal Adolfo SuárezClasificación: 1. Fabril (xa campión), 69 puntos; 2. Oviedo Vetusta, 55 puntos... 6. Real Ávila CF, 50 puntos...Categoría xuvenil30ª xornada (última): ED VAL MIÑOR NIGRÁN - XUVENIL A, o domingo 3 de maio ás 16:30 en CondomínguezClasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 75 puntos; 2. Xuvenil A, 68 puntos; 3. Sporting de Gijón, 59 puntos... 11. ED Val Miñor Nigrán, 34 puntos...32ª xornada: XUVENIL B - VICTORIA CF, o domingo 3 de maio ás 12:00 no Dépor Training CenterClasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 86 puntos; 2. Xuvenil B, 75 puntos; 3. Ural Español CF, 62 puntos; 4. Victoria CF, 58 puntos...Categoría cadeteAmistoso (mércores 29 de abril): SAN TIRSO SD CADETE 6 (Adrián Fernández, Hugo Caridad -2-, Íker Obeso, Hugo Fernández e Iago Álvarez)Amistoso: SAN TIRSO SD CADETE 8 (Nicky, Íker Obeso -2-, Asier -3-, David e Jaime) - URAL ESPAÑOL CF 1Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 77 puntos; 2. RC Celta, 73 puntos; 3. San Tirso SD Cadete, 49 puntos; 4. Arosa SC, 44 puntos...Categoría infantilAmistoso (xoves 30 de abril): INFANTIL 5 (Austin, Jorge Fernández, Jorge Méndez -2- e Santi Durán) - URAL ESPAÑOL CF B (cadete) 1Clasificación da División de Honra: 1. Infantil (xa campión), 79 puntos; 2. ED Val Miñor Nigrán, 66 puntos... 7. AJ Lérez, 41 puntos; 8. San Tirso SD Infantil, 40 puntos; 9. Atlético Coruña Montañeros CF, 39 puntos...Torneo Impulsando o Camiño en Pol (Lugo)Venres 1 de maioPrimera FaseSAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Mateo Cortizas, Alejandro Astray e Yago Fernández)SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Yago Fernández) - VITORIA SC 1SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Mateo Cortizas) - CD CONXO SANTIAGO 1SemifinalSAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Yago Fernández) - RC CELTA 2

Categoría alevín11ª xornada: ALEVÍN 10 (Leo Lorenzo -3-, Diego Castelo -2-, Alberto Novo -2-, Adrián Míguez, Saúl Cancela e Hugo Cancela) - SRD PORTUARIOS 0Clasificación do grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11: 1. Alevín, 33 puntos; 2. CD Lugo, 30 puntos...30ª xornada (última, martes 28): ALEVÍN A 9 (Leo Lorenzo -4-, Diego Castelo -3-, Adrián Liñares e Alberto Novo) - SD ACEA DE AMA 030ª xornada (última): SPORTING CAMBRE 1 - FABRIL FC ALEVÍN 4 (César Leira, Mateo Pastorín, Nico Castro e Pablo Gómez)Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A, 85 puntos; 2. Victoria CF, 79 puntos; 3. Fabril FC Alevín, 78 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF, 73 puntos...Madrid North Cup, en Colmenar Viejo (Madrid)Primera FaseVenres 1 de maio19:00: CDF TRES CANTOS 0 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Leo Galbán)Sábado 2 de maio10:40: IFF PRO - FABRIL FC ALEVÍN (campo Alberto Ruiz 2)12:40: FABRIL FC ALEVÍN - ATLÉTICO DE MADRID (campo Alberto Ruiz 2)En función da clasificación, os equipos pasarán á Fase Oro, Fase Plata e Fase BronceCategoría benxamín30ª xornada (última, martes 28): BENXAMÍN A 12 (Tomás Sánchez -5-, Mateo Ramos -2-, Hugo Cancela -2-, Pablo Campanero, Hugo Rey e Anxo Español) - SADA CF 030ª xornada (última): OLÍMPICO CF - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 2 de maio ás 16:00 no complexo deportivo de VilaboaClasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A (xa campión), 90 puntos; 2. CD Calasanz, 77 puntos... 4. Ural Español CF, 70 puntos; 5. Fabril FC Benxamín (un partido menos) e Atlético Coruña Montañeros CF, 60 puntos; 7. Victoria CF, 55 puntos; 8. Olímpico CF (un partido menos), 38 puntos...Madrid North Cup, en Tres Cantos (Madrid)Primera FaseVenres 1 de maioBENXAMÍN A 12 (Tomás Sánchez -2-, Mateo Ramos -2-, Ian Lata -2-, Anxo Español -2-, Manuel López, Xosé Varela, Hugo Cancela e Pablo Campanero) - UD SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES 0Sábado 2 de maio9:20: BENXAMÍN A - CD LEGANÉS, en Foresta (campo 1)11:20: CD GALAPAGAR - BENXAMÍN A, en Foresta (campo 3)En función da clasificación, os equipos pasarán á Fase Oro, Fase Plata e Fase Bronce2ª edición do Torneo Cidade do Lérez, no campo Manolo Barreiro (Pontevedra)Xoves 1 de maioPrimera FaseFABRIL FC BENXAMÍN 2 (Izan Mallón e Álex Martínez) - ED VAL MIÑOR 1FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Adrián Bestilleiro) - AGRUPACIÓN JUVENIL LÉREZ 0FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Juan Crujeiras) - BERTAMIRÁNS FC 2Partido pola 5ª e 6ª prazaFABRIL FC BENXAMÍN 4 (Álex Martínez, Anxo Fernández, Izan Mallón e Gael Rodríguez) - RC CELTA 0


Os Nosos regresan o luns 4 de maio ao Dépor Training Center

O Dépor vence ao CD Leganés cun gran gol de Noé na recta fina...

Triunfo do Orzán SD Xuvenil para deixar case amarrada a perma...

O Orzán SD Xuvenil abre este venres 1 de maio no Dépor Traini...

Resultados deste xoves, con triunfos do Alevín de fútbol 11 e...

Listado de participantes na Grada Solidaria do Dépor - CD Leg...