RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor vence ao CD Leganés cun gran gol de Noé na recta final e cun novo penalti inventado polo VAR que detivo Álvaro Ferllo no desconto

DÉPOR · 1 MAIO 2026

O DÉPOR VENCE AO CD LEGANÉS CUN GRAN GOL DE NOÉ NA RECTA FINAL E CUN NOVO PENALTI INVENTADO POLO VAR QUE DETIVO ÁLVARO FERLLO NO DESCONTO

O Dépor arrancou a recta final de LaLiga Hypermotion cun triunfo (2-1) ante o CD Leganés este venres 1 de maio en ABANCA-RIAZOR no primeiro dos 5 últimos partidos.Antonio Hidalgo vaticina "moita tensión en todo momento" neste sprint final ligueiro e cre que o seu equipo "suma unha vitoria importantísima para seguir na loita".Con este resultado, Os Nosos suman 68 puntos na 2ª posición, á espera do resto de partidos.Toda a plantilla estivo á disposición do corpo técnico agás David Mella e Stoichkov, con molestias nun xeonllo.Bil, titular ante os madrileños, e Noé, decisivo na recta final, foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Antonio Hidalgo repetiu o once do pasado sábado en El Plantío unicamente co cambio de Loureiro por Dani Barcia.Pola súa banda, o CD Leganés chegaba a ABANCA-RIAZOR tras unha dura goleada en Butarque (0-4) a pasada semana ante o FC Andorra e, recén descendido de Primeira División, coa permanencia na categoría aínda por confirmar.O partido arrancou con dominio do Dépor, lanzado á portería de Juan Soriano.O 'Lega' optou por agardar en bloque baixo."Os nosos primeiros 15, 20 minutos foron bos pero non acabamos de culminar esas oportunidades claras", apuntou o técnico deportivista.Aínda que a pelota era blanquiazul, os madrileños achegáronse con perigo no minuto 22 nunha longa xogada de ataque na que o balón se paseou por diante da meta de Ferllo sen atopar rematador.Case á media hora, Yeremay coloca o balón no lateral da rede e no 34, Lucas Noubi engancha unha volea no segundo pau que obriga a Juan Soriano a enviar a saque de esquina.Respondeu o CD Leganés con dous disparos de Cruz e Naim case consecutivos lixeiramente desviados."Desaxustámonos con esa sensación do gol que non estaba chegando. Non nos estabamos atopando cómodos", admitiu o preparador deportivista.Con 0-0 chegouse ao descanso.Tras o paso polos vestiarios, Villares releva a Riki, que ademais estaba amonestado; e "estivemos moito mellor, con moita máis presenza, algo que nos estaba faltando na primeira parte", opinou o adestrador do Dépor.O colexiado do encontro, o murciano Alejandro Ojaos, sinalou penalti por man dun defensor do CD Leganés ao saque dunha falta de Luismi.Despois de consultalo no VAR, rectificou a súa decisión e anulou a pena máxima.O CD Leganés puido adiantarse no marcador no saque dunha falta lateral que peitea no primeiro pau Diego e á que non chega Miquel por moi pouco no segundo pau.Antonio Hidalgo move pezas. Eddahchouri releva a Ximo Navarro e colócase en punta con Bil. Alti e Luismi Cruz ocupan o carril dereito.Aos 61 minutos, Bil, case sen ángulo, remata ás mans de Juan Soriano.Eddahchouri adianta o Dépor no minuto 62 nunha xogada pola banda dereita, con deixada de Bil a Luismi, que gaña liña de fondo e mete ao corazón da área pequena para que o holandés superase a Juan Soriano.Aos 72 minutos, o potente disparo de Mario Soriano dende a frontal obriga o porteiro do Lega a desviar como puido. Ninguén do Dépor puido recoller ese rexeite.Cruz puxo as táboas no minuto 75. Recibe na frontal da área e coloca o balón raso axustado ao pau dereito da meta de Ferllo.Noé, que relevaba apenas 3 minutos antes a Luismi, volveu adiantar o Dépor. Enganchou un dereitazo dende a frontal da área lonxe do alcance de Juan Soriano ante o delirio de ABANCA-RIAZOR.O técnico barcelonés recalca que "os cambios déronnos ese plus de enerxía, que é o que buscabamos".Non se rendeu o conxunto madrileño. Campos, dende moi lonxe, estrela o balón no traveseiro da portería deportivista no minuto 81.Os minutos de desconto foron de infarto e de alto voltaxe.O árbitro, a instancias do VAR, sinalou penalti por unha man a todas luces involuntaria de Eddahchouri cando se aprestaba a despexar o balón.Ferllo detivo o penalti a Diawara na acción decisiva.O encontro concluíu cun rosario de amarelas e varias expulsións en ambos bandos."Todo é consecuencia da tensión. Neses momentos hai que poñer un pouco de sentido común e baixar entre todos esa tensión", apuntou Antonio Hidalgo.Deportivo: Ferllo, Ximo Navarro (Eddahchouri, min. 58), Noubi, Loureiro, Quagliata, Riki (Villares, min. 46), Mario Soriano, Altimira, Luismi Cruz (Noé, min. 75), Yeremay (Escudero, min. 85) e Bil (Mulattieri, min. 75)CD Leganés: Juan Soriano, Miquel (Pulido, min. 70), Lalo, Dani Rodríguez (Campos, min. 75), Cruz, Duk, R. López (Asue, min. 85), Naim, Diego (Millán, min. 75), Figueredo (Óscar Plano, min. 85) e DiawaraÁrbitro: Alejandro Ojaos, do comité murciano. Amonestou a Riki (min. 19), Dani Rodríguez (min. 46), Naim (min. 90), Ferllo (min. 96), Eddahchouri (min. 98), Ximo Navarro (min. 100), Millán (min. 100) e Figueredo (min. 100). Expulsou a R. López (min. 96), Roberto Cabellud (min. 96) e Ignasi Salafranca (min. 96)Goles: 1-0 Eddahchouri (min. 62); 1-1 Cruz (min. 75); 2-1, Noé (min. 76)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 28.954 espectadores no Día de las Peñas

20260502_mosaicodepor.jpg