
DÉPOR ABANCA · 4 NOVEMBRO 2025
A COPA ESTE MÉRCORES FRONTE AO GUINIGUADA APOLINARIO, "UNHA OPORTUNIDADE DE VOLVER GAÑAR" PARA O DÉPOR ABANCA
O Dépor ABANCA estréase na Copa de la Reina 2025-26 coa visita en terceira rolda ao Guiniguada Apolinario CD de Segunda Federación este mércores 5 de novembro ás 20:00 (hora galega, 19:00 hora local) no Estadio Parque Atlántico.As Nosas chegan ao encontro "con cero lesiones" tal e como asegurou esta mañá en rolda de prensa Fran Alonso pero coa derrota por 1-0 do pasado sábado en Ipurúa ante a SD Eibar que as deixou na 13ª posición da Liga F.Neste sentido, aclarou que Merle Barth quedou fóra da convocatoria para o choque en Eibar por "un catarro".Vaticina rotacións nos próximos partidos porque "somos moitísimas xogadoras e imos tentar recompensar os esforzos que se fagan no campo á parte dos que nos veñan mellor para o plan de partido".O técnico deportivista admite que "hai ganas de volver gañar e temos unha oportunidade mañá na que o tentaremos", subliñou.

Pola súa banda, o modesto conxunto canario, que o sábado superou en casa en liga ao Betis B por 3-0, marcha na 5ª posición do grupo 3º de Segunda Federación con 15 puntos.Na Copa, o Guiniguada Apolinario CD venceu en primeira rolda por 0-10 á Orientación Marítima La Destila de Lanzarote e en segunda rolda por 1-0 ao CD Femarguin Spar Gran Canaria.As Nosas adestráronse esta mesma mañá no Dépor Training Center antes de viaxar ás Palmas con esta folla de ruta:Martes 4 de novembro12:15: Adestramento no Dépor Training Center17:10: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino ao Aeroporto Adolfo Suárez-Barajas20:05: Saída do voo do Aeroporto Adolfo Suárez-Barajas con destino ao Aeroporto de Gran Canaria22:00 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto de Gran Canaria e traslado á AC Hotel Iberia Las PalmasMércores 5 de novembro19:00 (hora local, 20:00 en Galicia): Guiniguada Apolinario CD - Deportivo ABANCA, no Estadio Parque AtlánticoXoves 6 de novembro9:20 (hora local): Saída do voo do Aeroporto de Gran Canaria con destino Galicia13:00: Chegada a Galicia e traslado ao Dépor Training Center14:15 (hora aproximada): Adestramento


LISTADO DE PARTICIPANTES NA GRADA SOLIDARIA DO DÉPOR ABANCA -...

Massimo Adalberto Benassi: "Imos aceptar sempre o erro do árb...

Antonio Hidalgo fala dun ambiente en ABANCA-RIAZOR "de tolos,...

Resultados deste venres 1 de maio nos torneos amigables; e ca...

Os Nosos regresan o luns 4 de maio ao Dépor Training Center

O Dépor vence ao CD Leganés cun gran gol de Noé na recta fina...