
DÉPOR · 2 MAIO 2026
MASSIMO ADALBERTO BENASSI: "IMOS ACEPTAR SEMPRE O ERRO DO ÁRBITRO PORQUE É FÚTBOL, PERO NON IMOS ACEPTAR O ERRO DUN PROTOCOLO DE VAR"
O conselleiro delegado do RC Deportivo, Massimo Adalberto Benassi, compareceu na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR unha vez rematado o encontro ante o CD Leganés.Explicou que non ía saír ningún futbolista a facer declaracións tras o partido na zona mixta: "Cremos que é o correcto despois do que segue a pasar. En absoluto queremos dicir nada malo de ningunha institución nin do fútbol. Como os ánimos están quentes, preferimos xestionalo desta maneira".Subliña que "non hai ningunha dúbida cos arbitraxes. Imos aceptar o erro do árbitro como así foi sempre no fútbol. O que non imos aceptar é o erro do VAR. O regulamento é claro. As normas din que o VAR ten que entrar se a acción ou o erro do árbitro é obvio, claro ou manifesto. E se se para unha imaxe durante máis de 5 minutos non é nin claro, nin obvio nin manifesto".Massimo Adalberto Benassi asegura que "o diálogo é constante e é de agradecer a disposición ao diálogo tanto do CTA (Comité Técnico de Árbitros) como da propia Federación. En ningún momento deixamos de falar ou de comentar durante toda a temporada. Pero chega un momento no que é moi complicado aceptar certas dinámicas. Como non cremos nos comunicados preferimos saír a falar, confrontarnos con vós".Insiste en que a relación co CTA "é magnífica. Imos aceptar sempre o erro do árbitro porque é fútbol, pero non imos aceptar o erro dun protocolo de VAR como é o que pasou hoxe (por onte)".Finalmente, sobre a xogada do penalti sinalado a Eddahchouri apunta que "en ningún caso a man sinalada a un xogador que está xirando para volver correr pode ser unha man voluntaria ou en posición antinatural. Vimos que o penalti en Burgos, na revisión, o propio CTA explica que houbo unha equivocación e o xogador, ¿como ten que saltar, cos brazos pegados? Vemos un penalti pitado a outro club polo VAR cando a Mulattieri en Huesca lle fan ese mesmo penalti e o VAR non entra. Non é un problema do árbitro, é un problema do VAR. A discusión ten que estar no VAR, non no árbitro nin nas designacións, nin no CTA. O protocolo de VAR ten que ser aplicado como di o regulamento, se o erro é claro, obvio ou manifesto".

Antonio Hidalgo fala dun ambiente en ABANCA-RIAZOR "de tolos,...

Resultados deste venres 1 de maio nos torneos amigables; e ca...

Os Nosos regresan o luns 4 de maio ao Dépor Training Center

O Dépor vence ao CD Leganés cun gran gol de Noé na recta fina...

Triunfo do Orzán SD Xuvenil para deixar case amarrada a perma...

O Orzán SD Xuvenil abre este venres 1 de maio no Dépor Traini...