RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antonio Hidalgo fala dun ambiente en ABANCA-RIAZOR "de tolos, brutal, impresionante"

DÉPOR · 2 MAIO 2026

ANTONIO HIDALGO FALA DUN AMBIENTE EN ABANCA-RIAZOR "DE TOLOS, BRUTAL, IMPRESIONANTE"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que o triunfo ante o CD Leganés reforza "ao grupo e a todos, a toda ANOSAFORZA. Son os últimos partidos, sumar de 3 en ABANCA-RIAZOR é vital para seguir loitando por todo".Lembra que "levamos unha cantidade de puntos incrible pero todo o mundo suma. Agora hai que descansar e pensar no seguinte".Da acción do penalti sinalado no desconto a Eddahchouri opina que "o sentido común debe imperar. É unha man natural, imposible que teña a man noutro lado. Conseguimos parar o penalti con Álvaro. Iso tamén é traballo".O técnico deportivista subliña que no vestiario "estamos contentos pola vitoria, que nos dá posibilidades de loitar por todo. Tes que seguir sumando de 3 cando chega o final. O ambiente foi incrible desde o primeiro momento, como nos empurraron na segunda parte".Neste sentido, incide en que o ambiente é "de tolos, brutal, impresionante. Hai algún momento no que che gustaría que eles sentisen o que sentimos nós. A enerxía que che dan neses momentos de dúbida téñena que sentir, téñena que saber. Estou tremendamente agradecido e a seguir empurrando".Finalmente, preguntado por Noé, autor do tanto do triunfo ante o CD Leganés, afirma que "alégrome moitísimo por el. Leva traballando moitísimo, sénteo moitísimo. Representa todos os valores que queremos no Club. Non era un momento doado para saír ao campo. Demostrou toda a personalidade que ten. Está gañando o dereito a estar con nós".