RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso advirte ante o partido de Copa ante a Real Sociedad que "en ABANCA-RIAZOR temos unha personalidade distinta, sentimos mellores, apoiadas"

Fran Alonso manifestou após o partido ante a Real Sociedad B que se marcha de Zubieta "con sensacións de que o equipo quere, que ten confianza".

É máis, asegura que xa hai "moitas ganas de enfrontarnos outra vez a elas en ABANCA-RIAZOR", este domingo 21 de decembro ás 12:00 nos oitavos de final da Copa de la Reina.

O técnico deportivista, de cara a este novo encontro ante as realistas, pide "máis protagonismo con balón. En ABANCA-RIAZOR temos unha personalidade distinta, sentimos mellores, apoiadas. Os partidos de casa son mellores".

Quere Fran Alonso "ofensivamente ser máis organizadas, cun pouco máis de precisión nos pases" e "defensivamente tapar os centros laterais".