RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

A Dépor Escola Feiraco retoma a súa actividade neste ano 2026 con prazas dispoñibles nas súas 7 sedes

A Dépor Escola Feiraco 2025-26 retoma a súa actividade neste ano 2026 despois do parón do Nadal, nuns días nos que a RC Deportivo Fundación continuou con esta actividade formativa a través dos DéporCampus Nadal Cabreiroá.

Máis de 500 nenos e nenas nacidos entre 2012 e 2019 incluídos xa participan desde outubro nesta escola profesional de fútbol co obxectivo de complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo independentemente do seu nivel de práctica.

Quedan aínda prazas nas seguintes quendas:

Sede de Alvedro

-Iniciación: 

Luns, martes e mércores ás 17:00

-Tecnificación

Martes ás 18:00; mércores ás 18:00; e xoves ás 17:00 e 18:00; e venres ás 16:30

Sede de Sada

Luns ás 16:15 e 17:15; mércores ás 16:15 e 17:15; e venres ás 16:15

Sede de Paiosaco

Mércores ás 16:30 e ás 17:30

Sede de Zas

Mércores ás 16:30 e 17:30

Sede de Bertamiráns

Martes ás 16:30 e 17:30

Sede de Diversidade Funcional

Martes ás 16:00, 17:00 e 18:00

No Colexio Jesuitinas a preinscrición é no citado centro e tamén hai prazas dispoñibles.

Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade... pode consultarse en http://escola.rcdeportivo.es.

Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.

Ven a xogar, aprender e divertirte na Dépor Escola 2025-26!

Aquí farás novos amigos, mellorarás o teu fútbol e vivirás a paixón do Dépor mentres o pasas en grande.

A Dépor Escola 2025-26 está baseada en valores como o compañeirismo, o respecto e o esforzo.

Esperámoste con adestramentos divertidos, novos retos e moitas sorpresas!