Listaxe de participantes na Bancada Solidaria do Dépor - CD Mirandés
A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo deste luns 20 de abril (20:30) fronte ao CD Mirandés, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.
Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: Fundación Érguete Integración, Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM Galicia), Fundación Osga Re-Integra, Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos, Hospital de Día de Oza, Asociación Baltasar Pardal, Cáritas, Comité Ciudadado Antisida da Coruña (CASCO), Viraventos e Mentalia Coruña.
Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.