A RC Deportivo Fundación continúa desenvolvendo a súa actividade internacional en Bosnia e Herzegovina a través do programa Erasmus+, ampliando a súa rede de colaboración con entidades deportivas locais.
Durante esta xornada en Saraievo, a delegación deportivista formada por Álex Espiñeira, coordinador de proxectos internacionais, e Laura Mella, adestradora da RC Deportivo Fundación, visitou a Akademija Fudbala Devetka, onde puido coñecer de preto a súa estrutura e metodoloxía de traballo.
A visita permitiu compartir tempo cos directores da academia, intercambiar experiencias no ámbito da formación futbolística e coñecer de primeira man o día a día dos seus xogadores.
Ademais, asistiuse a unha sesión de adestramento, observando o funcionamento da academia nunha contorna real.
Este tipo de encontros contribúen ao intercambio de coñecementos e ao fortalecemento de relacións institucionais, dentro do marco de cooperación internacional que impulsa o programa Erasmus+.
