RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Espe Pizarro xogou completo un partido ante Chile que acabou con derrota uruguaia por 1-3

-Foto:@https://x.com/AUFfemenino

 

Espe Pizarro estivo concentrada con Uruguai para disputar 3 partidos pertencentes á CONMEBOL Liga de Naciones.

O terceiro e último xogouse este sábado 18 de abril no Estadio Centenario de Montevideo ante Chile.

A dianteira deportivista foi titular dun encontro que acabou con vitoria chilena por 1-3.

Con estes resultados 'La Celeste' suma 5 puntos na 8ª praza da competición.

Uruguai chegaba a este partido após gañar por 1-2 o pasado martes 14 de abril a Bolivia en El Alto.

A protagonista foi a futbolista do Dépor ABANCA, que anotou os 2 goles do seu equipo no minuto 61 e no 86.

O primeiro dos encontros de Uruguai foi o pasado venres 10 de abril na cidade peruana de Cuzco.  

Gañou 2-1 Perú, que xogou en superioridade numérica desde o desconto da primeira metade por expulsión da uruguaia Laura Felipe.

Espe Pizarro, do mesmo xeito que nos 2 partidos anteriores, tamén xogou os 90 minutos.

Os resultados da selección uruguaia nesta xanela FIFA foron os seguintes:

Venres 10 de abril
PERÚ 2 - URUGUAI 1

Martes 14 de abril
BOLIVIA 1 - URUGUAI 2

Sábado 18 de abril
URUGUAI 1 - CHILE 3

Espe Pizarro suma 14 partidos esta temporada co Dépor ABANCA en Liga F, 13 deles de titular, con 6 goles marcados.