RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Os alumnos da Dépor Coaching Academy reencóntranse coa historia coa visita ao Museo & Tour do RC Deportivo

Os alumnos da Escola de Adestradores do RC Deportivo (Dépor Coaching Academy) viviron unha xornada moi especial coa visita ao Museo & Tour do RC Deportivo.

Formarse na escola non é só adquirir coñecementos técnicos ou metodolóxicos senón que tamén supón vivir o Dépor desde dentro, entender a súa historia, a súa identidade e sentir o que significa pertencer a un club con alma.

Percorrer os momentos máis emblemáticos, coñecer de preto o legado do Dépor e conectar coa súa cultura converte a aprendizaxe nunha experiencia única, real e transformadora.

A Dépor Coaching Academy forma adestradores preparados para marcar a diferenza dentro e fóra do campo.

Importantes vantaxes

A Escola de Adestradores do RC Deportivo (Dépor Coaching Academy) é un centro de formación autorizado pola Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional Orde 20 de xullo de 2005 (DOG 2/08/2005).

Baseada no Método Dépor, ofrece unha serie de importantes vantaxes:

-Os títulos son oficiais e ademais homologados pola RFEF con validez tanto nacional como internacional.

-As prácticas están garantidas no RC Deportivo.

-Acceso a bolsa de traballo no club.

-Horario compatible con estudos ou traballo: de 19:30 a 23:10 o luns e mércores; e o sábado de 9:00 a 14:00 (só primeiro trimestre)

-Masterclasses con profesionais do Dépor: Massimo Adalberto Benassi, Fernando Soriano, Kevin Cabado...

-Carné de abonado gratis para asistir aos partidos en ABANCA-RIAZOR.

Pide información enviando un email a dcs@rcdeportivo.es ou ben chamando ao 689 618 558.

Máis información nesta ligazón.