RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo advirte que "temos que estar preparados para todo tipo de emocións"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR após derrotar ao CD Mirandés que "temos que estar preparados para todo tipo de emocións. Isto vai ser así até o final, até o último momento. Temos que seguir empuxando para loitar por todo e sumar de 3 porque a cantidade de puntos que está a sacar todo o mundo nas últimas xornadas é brutal".

Ve a un Dépor "moito máis sólido en moitos momentos e hai que seguir empuxando".

O técnico deportivista cre que "é brutal o que transmite ANOSAFORZA, o que sente. Cando estás no banco, no campo, transmite moita forza. Estou moi agradecido porque estamos a empuxar todos, pola ilusión que hai creada, sabendo a dificultade que ten á categoría".

Preguntado por Yeremay, de regreso ao once inicial ante o CD Mirandés, lembra "o talento que ten, o diferencial que é. Pasou un proceso longo para el, sufriu moito. Entendemos os momentos necesarios para que volvese nas mellores condicións. Aínda así iso non se lle vai dun día para outro pero o partido de hoxe vaille a dar moita confianza".