RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Nsongo Bil ve ao Dépor "traballando moi ben" e Mario Soriano ten "sensacións moi boas"

Os goleadores Nsongo Bil e Mario Soriano pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O dianteiro camerunés mostrouse ante os medios de comunicación "moi contento por todo o mundo, por ANOSAFORZA tamén".

Cre que "estamos a traballar moi ben" e "imos seguir así, paso a paso".

Bil confesou que a dedicatoria do seu gol foi "para o meu irmán, que foi o seu compleanos hoxe".

Pola súa banda, Mario Soriano ten "sensacións moi boas pola vitoria, polo traballo do equipo".

O atacante madrileño cre que "estivemos ben desde o primeiro minuto. Os primeiros 30 minutos moi ben ata que chegou é gol que podemos evitar. Metéronnos o penalti pero o equipo non se rendeu, seguiu para adiante".

Opina que na segunda metade "veu ese gol pronto e logo o penalti rápido. O equipo mereceu a vitoria, loitou por ela".

Finalmente Mario Soriano lembra que "é unha xornada menos, todo está moi igualado e se facemos os deberes, lograremos o obxectivo".