RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo: "É un momento da temporada en que é moi importante centrarche en ti mesmo"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que "é o momento no que todos queremos estar. Chega o final, son as últimas xornadas, hai presión, hai tensión... Cando empezamos o ano era o que queriamos vivir. Témolo que sentir así, coa máxima ilusión e enteireza posible; con ANOSAFORZA, que sabemos que vai estar do noso lado, que nos vai a empuxar; con moita determinación".

Advirte que este luns 20 de abril ás 20:30 (LaLiga TV Hypermotion) ante o CD Mirandés en ABANCA-RIAZOR "temos que ser moi contundentes no partido" e pensa que, pechando a xornada ligueira, "dá igual xogar antes ou despois. Temos que sacar partidos de 3 para seguir pelexando por todo".

O técnico deportivista cre que "nos demos conta no momento que estabamos, na situación que estabamos. Despois do partido do Granada CF en ABANCA-RIAZOR quédache unha mala sensación. Tocamos diferentes situacións, cambiado algunha estrutura, sentimos máis cómodos, poderosos con ANOSAFORZA, que nos está axudando moitísimo, está a apoiarnos moitísimo, está connosco neste momento de ilusión".

Sinala que "ao darnos conta todos do que nos estabamos xogando empezamos a empuxar e sentímonos moi a gusto en ABANCA-RIAZOR, con ANOSAFORZA conscientes da humildade que tes que ter contra calquera equipo porque a categoría está moi igualada; pero esa unión é fundamental".

Antonio Hidalgo recalca que "nos gañamos o dereito a poder gozar de estar na parte alta, de ter moita ilusión de conseguir un obxectivo marcado a principio de temporada, loitando por todo até o último momento. Necesitamos a todo o mundo, que todo o mundo veña. Sei que é un día complicado, a xente traballa. Animarlles a que veñan e que estean connosco empuxando porque os imos a necesitar".

O preparador deportivista indica que "botar contas tal e como está a táboa non serve para nada porque está todo moi igualado. É un momento da temporada en que é moi importante centrarche en ti mesmo".

Conta con "7 ou 8 equipos loitando pola parte alta. Está todo moi igualado. O Racing está a unha distancia algo maior pero o resto estamos nun pano, temos que ser moi efectivos en ABANCA-RIAZOR, sumar de 3".

Do CD Mirandés, rival este luns 20 de abril, afirma que "nas últimas semanas atopou unha estrutura que lle está dando resultados. Está a ser un equipo perigoso, metendo moita xente por diante do balón, con xente de moitísimo talento nesa última liña. Temos que saber o tipo de partido que temos que xogar, pasar os malos momentos e impor as nosas virtudes".