Este domingo 19 de abril competiron o Fabril e os dous equipos xuvenís.
O filial deportivista gañou (0-1) ao Salamanca CF UDS a pesar de conquistar a pasada semana o título de campión e o ascenso á Primera Federación.
Decidiu o choque un tanto de Héctor Areosa no minuto 28.
Ademais, o Xuvenil A empatou (1-1) co Bansander en San Juan de Monte e o Xuvenil B co RC Celta B (3-3) no campo Arsenio Iglesias en #ONOSODERBI da Liga Nacional.
Ambos os conxuntos marchan na 2ª posición da División de Honra e a Liga Nacional respectivamente.
No equipo de Miguel Figueira Mauro Valeiro acaba de ser citado pola selección española sub-17 para dous amigables ante Ucraína en Córdoba, que servirán de preparación para o Campionato de Europa da categoría.
Completou a xornada do domingo 19 o triunfo do San Tirso SD Cadete en Cotogrande ante o UD Santa Mariña (0-1) e o empate do San Tirso SD Infantil no Monte ante o Ural Español CF (0-0).
Este sábado 18 de abril xogáronse 5 encontros.
O Cadete e Infantil venceron ao Arosa SC (0-3 e 0-7 respectivamente).
Na Torre disputáronse outros 2 choques, resultos con vitorias: o Alevín A ante o ED Luis Calvo Sanz (4-0) e o Benxamín A, campión da Primera Futgal A Coruña, ante o Santa Cruz CF (9-1).
Pola súa banda, Ponte dos Brozos acolleu o Atlético Arteixo 1 - Fabril FC Alevín 6.
Este venres 17 xogouse un novo encontro en ANOSACANTEIRA. No Dépor Training Center o Alevín impúxose por 5-1 ao ED Luis Calvo Sanz na 9ª xornada do Trofeo Luis Calvo de fútbol 11.
Os branquiazuis lograron a súa 9ª vitoria consecutiva á fronte da táboa.
O partido entre Atlético Coruña Montañeros CF e o Fabril FC Benxamín, este xoves 16 de abril no campo da Universidade Laboral abriu o calendario de partidos.
Venceron os fabrilistas por 0-3.
O encontro adiantouse debido á participación do Fabril FC Benxamín na Costa de la Luz Champions Cup que se disputa en Huelva.
Os Nosos caeron en cuartos de final ante o SL Benfica (0-2).
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Segunda Federación
32ª xornada: SALAMANCA CF UDS 0 - FABRIL 1 (Héctor Areosa)
Categoría xuvenil
División de Honra, 28ª xornada: BANSANDER 1 - XUVENIL A 1 (Íker Gil)
Liga Nacional, 30ª xornada: XUVENIL B 3 (Sabino -2- e Raúl Lema) - RC CELTA B 3
Categoría cadete
División de Honra, 27ª xornada: AROSA SC 0 - CADETE 3 (Nico Giovanni -2- e Anxo Castro)
División de Honra, 27ª xornada: UD SANTA MARIÑA 0 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Hugo Caridad)
Categoría infantil
División de Honra, 30ª xornada: AROSA SC 0 - INFANTIL 7 (Yoel Darriba, Manu Sande, Hugo Macedo -2- e Santi Durán -3-)
División de Honra, 30ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - URAL ESPAÑOL CF 0
Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 9ª xornada: ALEVÍN 5 (Adrián Prieto, Adrián Liñares, Mateo Songo'o e Enzo Fernández -2-) - ED LUÍS CALVO SANZ 1
Primera Futgal A Coruña, 28ª xornada: ALEVÍN A 4 (Enzo Fernández, Adrián Liñares, Leo Lorenzo e Mateo Songo'o) - ED LUÍS CALVO SANZ 0
Primera Futgal A Coruña, 28ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO 1 - FABRIL FC ALEVÍN 6 (César Leira -2-, Marco Dios, Mateo Pastorín, Pablo Couso e Leo Galbán)
Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 28ª xornada: BENXAMÍN A 9 (Nico Mariño -2-, Mateo Ramos -2-, Hugo Cancela -2-, Ian Lata -2- e Manu López) - SANTA CRUZ CF 1
Primera Futgal A Coruña, 28ª xornada (xoves 16): ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Jaime Fraga -2- e Álex Martínez)
Costa de la Luz Champions Cup
Sábado 18 de abril
Primera Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Álex Martínez -2-, Izan Mallón, Jaime Fraga e Tomás Lorenzo) - FUENGIROLA ATHLETIC CLUB CD 0
CONCELLO ALJARAQUE SD 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Izan Mallón -2-, Jaime Fraga e Milan Songo'o)
FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Milan Songo'o -2-, Jaime Fraga -2-, Juan Crujeiras e Álex Martínez) - SAN LORENZO ATLÉTICO 0
Domingo 19 de abril
Oitavos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Álex Martínez -3-, Milan Songo'o, Izan Mallón e Jaime Fraga) - ASOCIACIÓN DEPORTIVA LOS MARES 0
Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - SL BENFICA 2
