O Deportivo ABANCA B venceu á SD Eibar B (0-3) e, a falta dunha xornada para o final logrou a permanencia matemática en Segunda Federación na súa primeira temporada na categoría.
Con este resultado, suma 28 puntos na 10ª posición por 22 o Real Avilés Industrial, antepenúltimo e xa descendido.
Este fito fala de carácter, de crecemento e dunha ambición que non entende de límites.
Foi un camiño esixente, de aprendizaxe constante, de competir cada partido con valentía fronte a rivais con experiencia. Pero As Nosas nunca deixaron de crer, de loitar.
Na Cidade Deportiva eibarresa, o Dépor ABANCA B recolleu o froito de todo ese traballo silencioso que se constrúe día a día.
Esta permanencia non é só un obxectivo cumprido. É unha declaración de futuro. É a proba de que ANOSACANTEIRA, que festexa tamén o ascenso do Fabril a Primera Federación, segue crecendo con forza, de que o compromiso e o talento teñen un lugar firme neste proxecto.
Foron baixa Lucía Rivas e Redru, que estiveron concentradas coa selección española sub-19 na Rolda 2 de clasificación para o Campionato de Europa.
Iso si, Brais Pombo puido contar con futbolistas en dinámica do primeiro equipo como Paula Novo ou Carmen.
Despois dunha primeira parte sen goles no marcador, Jenny Corros abriu o marcador aos 53 minutos.
Pouco despois, no minuto 61, Karla aumentou a vantaxe e a propia dianteira sentenciou no minuto 84.
Deportivo ABANCA B: Antía Veiga, Sara Barreda, Paula Novo, Carmen (Noe Mayo, min. 89), Sara Cercido (Claudia Sande, min. 74), Sonsoles, Lucía Mariño, Daniela Valbuena (Laura Otero, min. 89), Karla, Laura Ruiz e Jenny Corros (Yanis Citoula, min. 89)
O vindeiro domingo 26 de abril ás 12:00 o Deportivo ABANCA B pecha a liga no Dépor Training Center ante o Sporting de Gijón.
Os resultados até a data do Dépor ABANCA B son os seguintes:
Deportivo ABANCA B 2 (Sara Cercido -2-) - Madrid CFF B 1
Bizkerre Club 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 4 (Carmen, Laura Otero, Michi Apóstol e Laura Ruiz) - Atlético de Madrid C 1
Real Avilés Industrial 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Michi Apóstol)
Deportivo ABANCA B 1 (Redru) - Real Sociedad B 2
RC Celta 1 - Deportivo ABANCA B 0
Real Racing Club 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - SD Eibar B 4
Sporting de Gijón 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Laura Ruiz -2-)
Deportivo ABANCA B 1 (Laura Ruiz) - Athletic Club B 2
Deportivo ABANCA B 0 - Olímpico de León 3
Atlético Villalonga FF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - Burgos CF 1
Atlético de Madrid C 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 (Jenny Corros) - Bizkerre Club 6
Real Sociedad B 5 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 - Real Racing Club 0
Madrid CFF B 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Jenny Corros e Carmen)
Deportivo ABANCA B 2 (Karla -2-) - Real Avilés Industrial 2
Athletic Club B 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Karla -2-)
Olímpico de León 2 - Deportivo ABANCAB 2 (Daniela Valbuena -2-)
Deportivo ABANCA B 1 (Daniela Valbuena) - As Celtas 2
Burgos CF 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 6 (Jenny Corros, Daniela Valbuena -2-, Laura Ruiz e Karla -2-) - Atlético Villalonga FF 0
SD Eibar B 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Jenny Corros e Karla -2-)
