RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Fabril recibiu a copa de campión de liga entre o recoñecemento de ABANCA-RIAZOR

Hai momentos que transcenden o resultado, instantes que quedan gravados para sempre na memoria dunha afección.

Nos prolegómenos do partido ante o CD Mirandés, o Fabril viviu un deses recordos indelebles no céspede do Estadio ABANCA-RIAZOR.

Os campións, lucindo unha camiseta conmemorativa co lema 'Unha canteira de Primeira', saltaron ao campo non só como un equipo, senón como o reflexo de todo un club. E fixérono atravesando un corredor de bandeiras do Dépor, sostidas con orgullo e ilusión polos nenos e nenas das Escolas RC Deportivo. 

Miradas cheas de soños, mans pequenas ondeando cores xigantes... o presente e o futuro unidos nun mesmo latexado.

O Fabril recibiu a copa de campión de mans de Pablo Prieto, presidente da Federación Galega de Fútbol, un premio que simboliza moito máis que unha temporada brillante: representa o camiño, a identidade e a forza dunha canteira que nunca deixa de crer.

Foi un recoñecemento ao traballo, ao sacrificio e ao talento que brota do Dépor Training Center.

O aplauso de ABANCA-RIAZOR foi o abrazo de ANOSAFORZA. Cando a Fabril gana, gaña o Deportivo. E cando os máis novos soñan, o futuro xa está en marcha.