RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Fabril insiste en "ser competitivo" este domingo 19 ás 17:00 en El Helmántico e o Salamanca CF UDS asume que será así

O Fabril, co título de campión e o ascenso a Primera Federación no peto, visita este domingo 19 de abril ás 17:00 en El Helmántico ao Salamanca CF UDS, en partido correspondente á 32ª xornada en Segunda Federación.

O filial, que chega ao choque após derrotar á UD Ourense por 3-0 en ABANCA-RIAZOR, suma 66 puntos á fronte da táboa por 54 o Oviedo Vetusta.

Manuel Pablo ten as baixas por lesión de Damián Canedo, Manu Ferreiro, Jaime Garrido, Pablo Cortés, Hugo Ríos e Aarón, con molestias nun xeonllo; ademais de Bil, que se adestrou co primeiro equipo.

O técnico fabrilista asumiu o logro do equipo "con naturalidade e a partir de aí tentar estar encima dos xogadores, que son os protagonistas; e tentar que non decaia o nivel de adestramento".

O canario subliña que "estamos encima deles. Queremos seguir mantendo xeiras de non perder, de gañar fóra de casa que nesta segunda volta só fixémolo só unha vez".

Insiste en "ser competitivos por nós mesmos e pola competición".

Manuel Pablo quere que os seus xogadores "estean metidos sempre no partido. Non irnos se hai unha adversidade. Sobre todo centrarnos no xogo".

Pola súa banda, o Salamanca CF UDS, que a pasada fin de semana venceu á Gimnástica Segoviana por 0-1, marcha na 6ª posición con 47 puntos.

Neste sentido, o adestrador do Fabril apunta que "eles teñen a necesidade, están na súa casa e queren gañar".

No partido da primeira volta, disputado no campo Arsenio Iglesias o pasado 21 de setembro, venceron os fabrilistas por 2-1.

En El Helmántico esta temporada o Salamanca CF UDS venceu ao Atlético Astorga FC (2-0), UD Ourense (1-0), SD Sarriana (2-1), Coruxo FC (2-0), Burgos CF Promesas (3-1), Real Valladolid Promesas (3-0) e UD Sámano (5-1); empatou co Oviedo Vetusta (0-0), UP Langreo (1-1), CD Numancia de Soria (1-1), Marino de Luanco (0-0) e Bergantiños CF (0-0); e caeu coa Gimnástica Segoviana CF (1-2), Real Ávila CF (1-3) e Rayo Cantabria (1-2). 

O seu técnico, Jorge García, asegura que "está a ser unha das mellores semanas a nivel actitudinal, en canto a nivel de adestramento".

Non cre que o Fabril, unha vez conseguido o ascenso, déixese levar: "Son mozos novos, que o ano que vén queren seguir estando onde están. Teñen a ilusión de poder chegar ao fútbol profesional. E vai vir un Fabril moi competitivo. Esa é a idea que nós temos".