RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

ABANCA-RIAZOR homenaxea ao Fabril, que recibirá minutos antes do partido do Dépor ante o CD Mirandés a copa de campión de Segunda Federación

O Fabril recibirá o agarimo de ABANCA-RIAZOR nos prolegómenos do partido ante o CD Mirandés deste luns 20 de abril ás 20:30.

O filial deportivista recollerá de mans de Pablo Prieto, presidente da Federación Galega de Fútbol, o trofeo que o acredita como campión do grupo 1º de Segunda Federación.

Este grupo de xogadores representa o futuro, o esforzo, o talento e a ilusión dunha canteira que latexa coa mesma forza que a bancada. 

É un logro que merece ser celebrado como se merece: con ABANCA-RIAZOR cheo, con aplausos que retumben e co orgullo de toda unha cidade.

Por iso, o RC Deportivo quere pedir algo moi sinxelo pero moi importante: que cada deportivista ocupe o seu asento media hora antes do inicio para formar parte deste recoñecemento. 

Desta forma, os xogadores do Fabril sentirán a calor de ANOSAFORZA, saberán que detrás de cada paso que dan está toda a familia branquiazul.