RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

A Federación Belga libera a Lucas Noubi, que estará a disposición de Antonio Hidalgo para o partido ante o Córdoba CF

Lucas Noubi foi liberado da concentración de Bélxica Sub-21 após o acordo alcanzado entre o RC Deportivo e a Real Federación Belga de Fútbol (RBFA).

Despois das conversacións mantidas entre ambas as partes, o futbolista foi desconvocado após a disputa do encontro que o combinado belga sub-21 xogou este venres 27 fronte a Austria, clasificatorio para o Campionato de Europa sub-21, no que Lucas Noubi disputou os 90 minutos. 

Deste xeito, o central deportivista, que ten previsto chegar este sábado 28 pola tarde á Coruña, reincorpórase á disciplina branquiazul e estará dispoñible para o próximo compromiso ligueiro ante o Córdoba CF deste martes 31 de marzo ás 20:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas)  en ABANCA-RIAZOR.

O RC Deportivo quere agradecer a colaboración e predisposición da Federación Belga na xestión desta situación.